Eva Almazán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEva Almazán
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 1323539

Eva Almazán García, nada en Pontevedra en 1976, é unha tradutora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en 1998 en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo. En 2000, na mesma universidade, completou os cursos de doutoramento, e en 2002 obtivo unha bolsa de estudos promovida pola Fundación Barrié e o British Council. Fixo un máster sobre Pragmática e Tradución na Universidade de Salford. En 2002, cofundou a empresa Rosetta Tradución. Dende 2007 dedícase en exclusiva á tradución editorial e literaria. Traduciu para diversas editoriais galegas, como por exemplo a editorial Galaxia ou Rinoceronte, e de fóra, como Vicens Vives; e destacan as súas versións en lingua galega dalgunhas obras de autores tales de fala inglesa, como Paul Auster, Jim Thompson, Martin Amis, Doris Lessing ou Edgar Allan Poe.

É membro da Asociación de Tradutores Galegos.

Distincións[editar | editar a fonte]

Recibiu o Premio de Tradución da Universidade de Vigo (2004)[1], o Certificado de Honra IBBY (2006), o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2007), o Premio Lois Tobío da Asociación Galega de Editores (2009), o Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro traducido en 2013, por Ulises de James Joyce (obra cotraducida con máis autores), libro polo que tamén recibiu o Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro traducido en 2013, o Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia ao mellor libro do 2013, o Premio da AELG á mellor tradución do 2013 e o Premio Nacional de Tradución de España en 2014[2].

Obras traducidas[editar | editar a fonte]

Traduciu dende o inglés, o italiano e o alemán unha gran cantidade de obras ó galego[3]:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eva Almazán, Premio Tradución 2004 Arquivado 01/02/2014, en Wayback Machine., no Diario da Universidade de Vigo, 2004.
  2. A versión en galego do 'Ulises' de Joyce gaña o Premio Nacional de Tradución Arquivado 22 de agosto de 2017 en Wayback Machine. en El Correo Gallego, 2013.
  3. Eva Almazán García, en Cultura Galega.
  4. "Estamos en desavantaxe publicando un éxito en galego, logo de facelo en castelán" Arquivado 23/08/2017, en Wayback Machine., en Diario da Universidade de Vigo, 2004.
  5. Almazán García, Eva Mª. "O ano do pensamento máxico". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-11-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]