Euxenio Charlón
Euxenio Charlón Arias, nado en Santa Cecilia de Trasancos (Ferrol) o 14 de novembro de 1887 e finado o 4 de agosto de 1930, foi un escritor teatral galego.
Traxectoria [editar]
Con catorce anos ingresou na Escola de Artes e Oficios de Ferrol, e entre os anos 1901 e 1906 compaxinou os estudios de Aritmética, Xeometría e Debuxo co traballo de ebanista. Casa en 1911 con Teresa Viñas coa que tivo seis fillos.
Participou na fundación da Irmandade da Fala de Ferrol e na do coro Toxos e Froles, e foi un dos primeiros impulsores do teatro en galego. Gran amigo do seu compañeiro de estudos e profesión, Manuel Sánchez Hermida, así os define Carvalho Calero:
Xuntos compuxeron Mal de moitos e Trato a cegas. Ademais, Charlón escribiu en solitario a comedia Carmela e o sainete Tumbos de feira, así como letras para cancións das corais.