Eustaquio Ilundáin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eustaquio Ilundáin y Esteban, nado en Pamplona o 20 de setembro de 1862 e falecido en Sevilla o 10 de agosto de 1937, foi bispo de Ourense entre os anos 1904 e 1920 e posteriormente arcebispo de Sevilla ata a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Recibiu formación en Teoloxía nos seminarios de Pamplona e Ciudad Real. Na capital navarra foi ordenado sacerdote no ano 1886 e alí serviu ata 1891. Entre 1901 e 1904 foi reitor do Seminario de Segovia.

Durante o seu período na diocese de Ourense prestou especial atención á formación dos seminaristas e promoveu os seus coñecementos científicos. Realizou importantes investimentos para subministrar aparellos ao gabinete de Física e Historia Natural que el mesmo fundou.

En 1914 suspendeu a divinis ao crego e líder agrarista Basilio Álvarez pola campaña xornalística e política que este emprendera en defensa do campesiñado e contra os poderes conservadores. Eustaquio Ilundáin viviu tamén mentres foi bispo de Ourense a aceptación por parte da poboación de novas formas de ocio, entre elas o cinematógrafo, que foi visto como unha ameaza á doutrina da Igrexa e aos seus valores morais[Cómpre referencia], visión esta que retratou Carlos Casares na novela Ilustrísima.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]