Eusko Langileen Alkartasuna
| Eusko Langileen Alkartasuna (ELA) | |
|---|---|
| Sindicato de Hego Euskal Herria | |
| Líder | Adolfo Muñoz Sanz (Secretarío Xeral) |
| Fundación | 1911 |
| Sede | Barrainkua, 13. 48009 Bilbao |
| Ideoloxía | Nacionalismo vasco |
| Filiación internacional |
Federación Sindical Mundial |
| Afiliados | 109.318[1] |
| Delegados sindicais |
35,73% de los Delegados de Hegoalde |
| Publicación oficial | Astekaria |
| Páxina web | www.ela-sindikatua.org |
Eusko Langileen Alkartasuna[2] (en éuscaro Solidariedade dos Traballadores Vascos), hoxe en día máis coñecido como ELA é un sindicato nacionalista vasco historicamente ligado ó Partido Nacionalista Vasco. Foi fundado o 23 de xullo de 1911 en Bilbao baixo o nome Solidariedade de Obreiros Vascos e coa intención de aminorar a influencia dos sindicatos de clase (UGT e CNT) entre os traballadores vascos, en concreto entre os de orixe vasco en contraposición dos provintes doutros lugares.
Nas súas primeiras fases o sindicato realizaba labores de asistenza social entre os seus afiliados. A expansión de ELA foi moi rápida nos territorios de Guipúscoa e Biscaia, pero máis lenta en Navarra e Álava. A día de hoxe, é o sindicato máis forte na Comunidade Autónoma Vasca en número de afiliados e delegados. Síguenlle CCOO-Euskadi e LAB.
Índice |
Primeiro Congreso (1929)[editar]
O seu primeiro congreso celebrouse os días 12 e 13 de outubro de 1929 no frontón Astelena de Eibar.
Segundo Congreso (1933)[editar]
Foi celebrado en Vitoria durante os días 29 e 30 de abril e 1 de maio. Prodúcese o cambio de nome a ELA.
Terceiro Congreso (1976)[editar]
Estaba previsto a súa celebración en Pamplona en 1936, pero a sublevación fascista interrumpiu as actividades legais deste sindicato durante 40 anos. Posteriormente celebraríase en Zornotza e Eibar. Durante a transición ELA opúxose ós Pactos de La Moncloa.
Cuarto Congreso[editar]
Nel ELA apoiou o Estatuto de Guernica, malia advertir das súas carencias en políticas sociais.
Na actualidade é a primeira central sindical da CAV con diferenza e unha importante forza sindical en Navarra. Conta con máis de 100.000 afiliados.
Notas[editar]
- ↑ ELA en cifras
- ↑ ESTORNÉS ZUBIZARRETA, Idoia: «Entre partido y sindicato. Eusko Langileen Alkartasuna-Solidaridad de Trabajadores Vascos (Movimiento Socialista de Euskadi, 1969-1976)», Historia contemporánea, ISSN 1130-2402, pag. 41, 2010.