Eusko Abertzale Ekintza - Acción Nacionalista Vasca
| Eusko Abertzale Ekintza - Acción Nacionalista Vasca (EAE-ANV) | |
|---|---|
| Partido político do País Vasco sur Ilegalizado en 2008 |
|
| Líder | Kepa Bereziartua (Presidente) Juan Carlos González (Secretario Xeral) |
| Fundación | 1930 (ilegalizado en España en 2008) |
| Sede | Iruñea |
| Ideoloxía | Independentismo vasco Socialismo |
| Filiación internacional | Ningunha |
| Mocidades | Non ten de facto, Segi |
| Páxina web | www.eae-anv.org (Non operativa) |
Eusko Abertzale Ekintza - Acción Nacionalista Vasca (EAE-ANV) é un partido nacionalista vasco ilegalizado de esquerdas e socialista.
Historia e características[editar]
Escisión de Aberri en 1930 como reacción á fusión deste coa conservadora Comunión Nacionalista Vasca para refundar o Partido Nacionalista Vasco. Xogou un papel importante, aínda que minoritario, durante a II República Española e a Guerra Civil española cando o partido formou varios batallóns e tivo un conselleiro no primeiro goberno vasco, mantivo a súa actividade no exilio, apoiou a ETA e na transición integrouse en Herri Batasuna pero cando esta se refundou en Batasuna ANV non se integrou nela.
En 2007 concorreu ás eleccións municipais no País Vasco e Navarra, malia seren ilegalizadas as súas listas en moitos concellos. Conseguiu un total de 95.000 votos, gañando en 31 municipios e obtendo representación noutros 62. A formación atribúese tamén os votos declarados nulos, que suman un total de 92.000.
O 16 de setembro de 2008, o partido foi ilegalizado polo Tribunal Supremo de España.