Euskal Iraultzarako Alderdia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Euskal Iraultzarako Alderdia (EIA) foi un partido nacionalista vasco de esquerda que actuou entre 1977 e 1982.

O partido foi fundado en abril de 1977 en Gallarta (Biscaia) despois da VII Asemblea Xeral de ETA, a súa ideoloxía combinaba o independentismo co socialismo, orixinalmente asumiu o marxismo-leninismo pero posteriormente asumiu o eurocomunismo. O secretario Xeral era Mario Onaindia

EIA coaligouse co Movemento Comunista de Euskadi nunha plataforma denominada Euskadiko Ezkerra que conseguiu un deputado no Congreso dos Deputados, Francisco Letamendía e outro no Senado, Juan María Bandrés. En Navarra a coalición denominouse Unión Navarra de Izquierdas. EIA desapareceu formalmente en 1982 cando EE se convertiu nun partido político.