Eusebio da Guarda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eusebio da Guarda
Eusebio da Guarda por Gumersindo Pardo.
Nacemento1825
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento20 de marzo de 1897
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario e filántropo
editar datos en Wikidata ]

Eusebio da Guarda González, nado na Coruña en 1825 e finado na mesma cidade o 20 de marzo de 1897, foi un empresario e filántropo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun zapateiro portugués chamado Gonzalo da Guarda e dunha coruñesa chamada Lorenza González, formouse como piloto e ingresou na mariña mercante. Traballou co armador de orixe cubana Juan Menéndez Fuertes[1] e acadou para A Coruña a representación dos vapores de Antonio López e da Compañía Transatlántica Española.

Menéndez finou en 1852 e dous anos despois da Guarda casou coa súa viúva, Modesta Goicouría Cabrera, once anos máis vella ca el.[1] Xunto con ela reuniu unha gran fortuna que empregou na construción de grandes edificios. Construíu o Instituto de Segunda Ensinanza, as Escolas da Guarda e o mercado da praza de Lugo. Realizou a reconstrución da igrexa de Santo André, propiedade do gremio de mareantes (cos que mantivo un preito de nove anos) coa condición de que el e a súa dona fosen enterrados nela.[2] A igrexa é unha capela castrense dende 1937.[2]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Eusebio da Guarda, el benefactor de la ciudad". El Ideal Gallego (en castelán). 17 de maio de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "De capilla para pescadores a templo de los militares". La Voz de Galicia. 29 de novembro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 6 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]