European Telecommunications Standards Institute
O ETSI (European Telecommunications Standards Institute) é unha organización de estandarización europea da industria das telecomunicacións (fabricantes de equipos e operadores de rede) que se define como independente, sen ánimo de lucro e con proxección internacional. O ETSI tivo éxito na estandarización de Low Power Radio, Short Range Device, o sistema de telefonía móbil GSM e o sistema TETRA.
Índice |
Historia e características [editar]
Un dos grupos importantes de estandarización inclúe TISPAN (para redes fixas e converxencia de Internet). O ETSI inspirou a creación do 3GPP e tamén e membro no mesmo.
O ETSI foi creado pola CEPT (European Conference of Postal and Telecommunications Administrations) no ano 1988 e é recoñecido oficialmente pola Comisión Europea e pola secretaría da EFTA. Baseado en Sophia Antipolis, en Francia, o seu obxectivo oficial é a estandarización das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicacións) en Europa. Estas tecnoloxías inclúen telecomunicacións, radiodifusión e áreas relacionadas coma o transporte intelixente e electrónica médica. O ETSI ten 740 membros de 62 países/provincias tanto dentro coma fora de Europa, incluíndo fabricantes, operadores de rede, administracións, proveedores de servicios, grupos de investigación e usuarios, de feito, todos os involucrados no mercado das TIC. A lista actual de membros pódese achar en aquí.
No 2005, o presuposto do ETSI superou so 20 millóns de Euros, con contribucións dos membros, actividades comerciais como a venda de documentos, etc. Arredor do 40% gástase en costes de operación e o 60% restante en programas de traballo incluíndo centros de competencia e proxectos especiais.
O ETSI e membro fundador da iniciativa Global Standards Collaboration.
O ETSI foi criticado pola inclusión preventiva de capacidades de escoita (wiretrapping) nos estándares de comunicación, animando ós governos a aprobar leis de escoita en consecuencia.
Tipos de documentos ETSI [editar]
- European Standard, telecommunications series (EN) - Cando o documento está pensado para cumplir necesidades específicas de Europa e precisa una transposición a estándares nacionais, ou cando o borrador do documento é requerido por un mandato EC/EFTA.
- ETSI Standard (ES) - Cando o documento contén requerimentos normativos e é necesario entregalo a todos os membros do ETSI para a súa aprobación.
- ETSI Guide (EG) - Cando o documento contén axuda ou guías sobre o manexo de actividades de estandarización técnica, e é entregado a todos os membros do ETSI para a súa aprobación.
- Special Report (SR) - Empregado para varios obxectivos, incluíndo proporcionar acceso público a información que non se xerou dentro dun comité técnico. Os SR tamén se empregan como "documentos virtuais", por exemplo documentos xerados dinámicamente pola consulta a unha base de datos a través da web. Un SR publícao o comité técnico que o creou.
- ETSI Technical Specification (TS) - Cando o documento contén requerimentos normativos e cando son esenciais un rápido desenvolvemento, validación e mantemento. É aprobado polo comité técnico que creou o borrador do mesmo.
- ETSI Technical Report (TR) - Cando o documento contén sobre todo elementos informativos. É aprobado polo comité técnico que creou o borrador do mesmo.
- ETSI Group Specification (GS) - Empregado polos Grupos de Especificación Industrial según os precedimentos de toma de decisións definidos nos Termos de Referencia do grupo. Este tipo é aprobado e adoptado polo Grupo de Especificación Industrial que creo o borrador de mesmo.
Esta lista foi obtida da páxina web do ETSI.[1]
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Official Website (en inglés)
- NORMAPME.com, The European Office of Crafts, Trades and Small and Medium sized Enterprises for Standardisation (en inglés)