ESA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "European Space Agency")
Axencia Espacial Europea
Agence spatiale européenne
Europäische Weltraumorganisation
European Space Agency
Agenzia Spaziale Europea
ESA logo.png
logo da ESA
Propietario 20 estados
Establecido 1975
Sede París
Cosmódromo Centro Espacial de Kourou
Administrador Jean-Jacques Dordain
Orzamento 2.975€ millóns (2011)
Lingua oficial inglés, francés e alemán.
Web www.esa.int

A ESA, acrónimo en inglés da Axencia Espacial Europea (European Space Agency), formouse en 1975 como unha organización intergobernamental dedicada á exploración do espazo. En 2012 contaba con 20 estados membros. As súas oficinas centrais están en París.

Membros da ESA[editar | editar a fonte]

Os 20 estados membros da ESA son: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza.

Acordos de Cooperación[editar | editar a fonte]

     ESA e UE Estados membros     ESA-solo membros     UE-solo membros
Recreación da Mars Express.

Canadá teñen un status especial, participando nalgúns proxectos en virtude dun convenio de colaboración. Os estados europeos colaboradores son Hungría, Estonia e Eslovenia.

Relacións coa Unión Europea[editar | editar a fonte]

Do visto anteriormente, dedúcese que non tódolos membros da UE son membros da ESA, nin tódolos membros da ESA, o son da UE. Con todo, a Axencia Espacial Europea mantén lazos coa Unión Europea, por medio do "Tratado Marco ESA/UE".

En virtude do Tratado Marco, ambas organizacións comparten unha estratexia europea para o espazo, e están a desenvolver unha política espacial conxunta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: ESA

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]