European Remote Sensing Satellite 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
European Remote Sensing Satellite 1 / ERS 1
Maquette-ERS-1.jpg
Maqueta do ERS 1
Tipo Observación terrestre
Organización Axencia Espacial Europea
Destino actual En órbita, fora de servizo.name=n2yo/>
Data de lanzamento 17 de xullo de 1991, 1:46 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Ariane 4[2][5]
Sitio de lanzamento Centro espacial de Kourou[2]
Obxectivo da misión Observación terrestre.[2]
NSSDC ID 1991-050A
Masa 2157 kg[6]
Semieixo maior 7148 km[1]
Inclinación 98,2 graos
Apoapse 802,8 km[1]
Periapse 753,0 km[1]

European Remote Sensing Satellite 1 (ERS 1) foi un satélite artificial da Axencia Espacial Europea lanzado o 17 de xullo de 1991 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa.[2][5][6][2]

Características[editar | editar a fonte]

ERS 1 foi un satélite adicado á observación terrestre para o estudo dos océanos, as capas polares e as rexións costeiras. Proporcionou medidas sistemáticas e continuas da velocidade do vento e a súa dirección, da altura das ondas, das alturas superficiais, da temperatura, da cuberta nubosa e dos niveis de vapor de auga na atmosfera. Foi o primeiro satélite en órbita heliosincrónica da ESA e construiuse basándose no bus dos satélites franceses SPOT.[6][5][2]

Os datos do ERS 1 foron compartidos coa NASA en virtude dun acordo polo que esta compartía datos dos seus satélites Seasat e Nimbus 7. O satélite tiña o seu centro de control en Darmstadt (Alemaña), cun gran número de estacións terrestres participando no seguimento e a recollida de datos.[6]

ERS 1 deixou de funcionar o 10 de marzo de 2000 a causa do fallo do sistema de control de actitude e tras triplicar a súa expectativa de vida. Durante a súa misión, ERS 1 orbitou máis de 45.000 veces arredor da Terra, obtendo máis de 1,5 millóns de imaxes individuais de radar mediante o seu radar de apertura sintética (SAR polas súas siglas en inglés).[6]

A ESA lanzou o ERS 2 en abril de 1995, que solapou a súa misión durante uns anos coa de ERS 1, proporcionando un valor engadido en forma de obtención simultanea de datos. Posteriormente, en 2002, se lanzou o que se considera como heredeiro de ámbolos dous ERS, o Envisat 1.[6][5]

A nave[editar | editar a fonte]

ERS 1 estabilizábase nos tres eixos, cunha precisión no apuntado de 0,11 graos en cabeceo e rolamento, e de 0,21 graos en guiñada. A enerxía proporcionábaa un único panel solar de 11,7 m de longo e 2,4 m de ancho cunha potencia máxima de saída de 2600 vatios que alimentaba un conxunto de baterías de níquel-cadmio cunha capacidade de almacenamento de 2,65 kWh. A antena do SAR medía 10 m de longo por 1 m de ancho. As comunicacións tiñan lugar en banda S a 2 kbps e en banda X a 105 Mbps ou 15 Mbps. O sistema de almacenamento de datos de a bordo consistía nunha cinta magnética capaz de almacenar ata 6,5 Gbits de datos. O control de actitude conseguíase mediante pequenos propulsores alimentados con hidracina, mentres que a orientación era proporcionada por sensores solares e de horizonte e por xiroscopios.[6][2]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

ERS 1 levaba a bordo cinco instrumentos principais:[6][5][2]

  • AMI (Active Microwave Instrument): incluía o radar de apertura sintética, o dispersómetro de ondas e o dispersómetro de vento. O SAR podía funcionar en dous modos: o modo de obtención de imaxes rexistraba longas franxas de terreo sobre océanos, polos, costas e terra; o modo de ondas obtiña datos en cadrados de 5 x 5 km de maneira regular sobre o océano para derivar a dirección e altura das ondas. O dispersómetro de vento usaba tres antenas para medir a forza e dirección do vento na superficie do mar.
  • Altímetro Radar (RA): proporcionaba medicións precisas da elevación da superficie do mar, altura das ondas, parámetros do xeo e unha estimación da velocidade do vento en superficie.
  • Radiómetro e sondeador de exploración (ASTR-M): medía a temperatura superficial do mar e da cima da cuberta de nubes, así como o contido de vapor de auga da atmosfera, mediante o uso dun radiómetro infravermello e un sondeador de microondas.
  • Reflector láser (LRR): usado para a determinación precisa da órbita e calibración do RA.
  • Equipamento de seguimento de precisión (PRARE): usado para a determinación da órbita.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "ERS 1" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=21574. Consultado o 11 de xaneiro de 2013.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "ERS 1" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1991-050A. Consultado o 11 de xaneiro de 2013.
  3. (PDF) Letter dated 22 June 1993 from the Legal Counsellor of the European Space Agency addressed to the Secretary-General. 20 de xullo de 1993. pp. 3. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=481.
  4. "ERS 1" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1991.html#ERS-1. Consultado o 11 de xaneiro de 2013.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "ERS 1, 2" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/ers-1.htm. Consultado o 11 de xaneiro de 2013.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 "ERS 1-2" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/ers12.htm. Consultado o 11 de xaneiro de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: European Remote Sensing Satellite 1

Outros artigos[editar | editar a fonte]