Europe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Europe
Europe the band in Lakselv 2008.jpg
Orixe Upplands Väsby, Suecia Flag of Sweden.svg
Período 1979 – 1992
1999
2003 – actualidade
Xénero(s) heavy metal, hard rock, glam metal, speed metal
Selo(s) discográfico(s) Epic, Edel Music
Membros Joey Tempest
John Norum
John Levén
Mic Michaeli
Ian Haugland
Antigos membros Kee Marcello
Tony Reno
Peter Olsson
Marcel Jacob
Na rede
europetheband.com

Europe é unha banda de heavy metal sueca procrdente de Upplands Väsby e formada en 1979 co nome Force polo vocalista Joey Tempest, o guitarrista John Norum e o batería Tony Reno. Aínda que está amplamente relacionada co glam metal, o son da banda incorpora elementos do heavy metal e o hard rock. Dende a súa fundación, Europe publicou oito álbums de estudio, tres álbums ao vivo, tres recompilatorios e dezasete videos.

Europe fíxose internacionalmente coñecida a finais dos anos 80 co seu terceiro álbum, The Final Countdown (1986), convertido nun éxito comercial importante ao vender ao redor dos tres millóns de copias só nos Estados Unidos. Europe foi unha das bandas de rock máis exitosas dos anos 80, vendendo uns 20 millóns de discos en todo o mundo. O grupo tivo dous álbums top 20 na lista Billboard 200 (The Final Countdown e Out of This World), e dous sinxelos top 10 na Billboard Hot 100 ("The Final Countdown" e "Carrie").

Europe entrou en hiato en 1992, reuníndose para unha única actuación en Estocolmo o día de ano novo de 1999 e anunciando unha reunión oficial en 2003. Dende entón a banda editou tres álbums, Start from the Dark (2004), Secret Society (2006) e Last Look at Eden (2009).

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]