EuroGames
Os EuroGames son unha competición multideportiva anual de ámbito europeo dirixida fundamentalmente a gais, lesbianas,transexuais e bisexuais, se ben as probas son de inscrición libre. Decide a súa organización a asemblea xeral da Federación Europea de Deportes para Gais e Lesbianas elixindo entre as candidaturas presentadas. É un dos eventos máis importante da comunidade gai en Europa[1]
Entre os obxectivos dos EuroGames está a loita contra a discriminación por orientación sexual, a integración do colectivo LGTB, e potenciar a práctica deportiva entre esta comunidade. En paralelo á celebración deportiva organízanse actividades culturais e turísticas.
Índice |
Historia [editar]
Os primeiros EuroGames celebráronse en 1992 na Haia. Celébranse anualmente, pero non cando coinciden cos Xogos Gais, que se celebran a cada catro anos. Polo conseguinte, non se disputaron EuroGames en 1994, 1998, 2002 e 2006. Tampouco se van celebrar cando os Outgames Mundiais se celebren en Europa, como acontecerá en Copenhaguen 2009. En 1999 a cidade designada foi Manchester, pero os xogos foron cancelados.
As edicións son de dous tipos, conforme o tamaño e as capacidades organizativas. Os anos olímpicos realízanse uns EuroGames de gran tamaño, mentres que no resto as competicións teñen unha limitación de participantes.
| Ano | Cidade | Participantes | Países participantes |
Deportes | Tamaño | Outras cidades candidatas |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1992 | 300 | 5 | 4 | |||
| 1993 | 540 | 8 | 6 | |||
| 1995 | 2000 | 13 | ? | |||
| 1996 | 3247 | 18 | 17 | |||
| 1997 | 2000 | 18 | 17 | Bruxelas, Zúric | ||
| 2000 | 4500 | ? | 19 | Hamburgo | ||
| 2001 | 1500 | ? | 7 | Limitado | ||
| 2003 | 2200 | ? | 7 | Limitado | ||
| 2004 | 5300 | 38 | 27 | Viena | ||
| 2005 | 2855 | 44 | 9 | Limitado | ||
| 2007 | Limitado | |||||
| 2008 | 5.000 (prev.) | 27 | ||||
| 2010 |
Notas [editar]
- ↑ Jennifer Hargreaves Heroines of Sport: The Politics of Difference and Identity, Routledge, 2000, ISBN 0415228492, páxina 156