Euphoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Euphoria é unha linguaxe interpretada desenvolta por Robert Craig como tese doutoral, e logo comercializado pola firma RDS (Rapid Deployment Software). O seu nome provén das iniciais de End "User Programming with Hierarchical Objects for Robust Interpreted Applications". Ofrece unha gran flexibilidade para manexo de datos (aloxamento dinámico), e aplicacións robustas que corren baixo tres plataformas: DOS 32 bits, Windows 32 bits, e Linux/BSD.

Características[editar | editar a fonte]

É unha linguaxe estruturada, imperativa, simple e potente, nacida en 1993 e que, comparada con outras linguaxes interpretadas, ofrece bastante maior velocidade de execución, principalmente en contornas de texto. Aínda que non é orientada a obxecto a súa flexibilidade no manexo de datos, rendemento e sinxeleza, convérteno nunha opción moi atractiva para desenvolvementos nas plataformas máis utilizadas de 32 bits.

En canto á programación en contornas gráficas, o intérprete ofrece unha gama tal vez algo limitada de instrucións, pero mellórase grandemente co uso de bibliotecas externas e unha contorna de desenvolvemento IDE/RAD externo dispoñible de forma gratuíta.

Tamén existe un tradutor gratuíto de Euphoria a C que permite compilar o código Euphoria con diferentes compiladores C dispoñibles en DOS, Windows e Linux/BSD, co cal a súa velocidade de execución pódese incrementar ao máximo.

Actualidade[editar | editar a fonte]

Actualmente atópase en experimentación un sistema de multitarea implementado dentro do mesmo intérprete. Tamén está dispoñible o código fonte dun intérprete Euphoria escrito completamente en linguaxe Euphoria. Actualmente Euphoria é "Open Source", realízanse desenvolvementos cooperativos e disponse dunha gran cantidade de funcións e bibliotecas co seu código fonte accesible de forma gratuíta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]