Eugène Delacroix

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEugène Delacroix

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de abril de 1798 Editar o valor em Wikidata
Saint-Maurice (Primeira República Francesa) Editar o valor em Wikidata
Morte13 de agosto de 1863 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
París (Segundo Imperio Francés) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 49
Grave of Delacroix (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Nacional Superior de Belas Artes
Liceo Louis-le-Grand
Lycée Pierre-Corneille (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Alxer
Marrocos
Alxeciras
Sevilla
París
Orán
Nohant-Vic
Londres Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , debuxante , muralista , debuxante arquitectónico , fotógrafo , autor de diarios , litógrafo , pastellist (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1815 Editar o valor em Wikidata - 1863 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPintura de historia, Arte de paisaxes, Natureza morta e cenas de batalha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoRomanticismo Editar o valor em Wikidata
Catálogo críticoTout l'œuvre peint de Delacroix (en) Traducir (1972) Editar o valor em Wikidata
ProfesoresPierre-Narcisse Guérin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosJoseph Guichard, Charles Cournault (pt) Traducir, Étienne François Haro (pt) Traducir, Pierre Grivolas (pt) Traducir, Maurice Sand (pt) Traducir, Gustave Lassalle-Bordes (pt) Traducir e Charles Jean Richardot (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor
PaiCharles-François Delacroix (pt) Traducir e Charles-Maurice de Talleyrand-Périgord Editar o valor em Wikidata
IrmánsCharles-Henri Delacroix (pt) Traducir e Henriette Delacroix (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesHenri-François Riesener (pt) Traducir (tío)
Léon Riesener (pt) Traducir (curmán entregue) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
17 de agosto de 1863Funeral (Abadia de Saint-Germain-des-Prés (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm5706499 Musicbrainz: b11edf42-ca57-4d4e-93bf-f1cea4106396 Discogs: 1868978 WikiTree: Delacroix-32 Find a Grave: 272 Editar o valor em Wikidata
Mademoiselle Rose
Eugène Delacroix. Fotografía de Félix Nadar

Ferdinand Victor Eugène Delacroix, nado o 26 de abril 1798 e morto o 13 de agosto de 1863, foi un pintor francés, o máis importante dos pintores románticos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Familia[editar | editar a fonte]

Eugène foi o cuarto e último fillo do matrimonio formado polo político Charles-François Delacroix (1741-1805), ministro de exteriores do Directorio, e de Victoire Oeben (1758-1814), que pertencía a unha familia de ebanistas, artesáns e debuxantes.

Ao morrer o seu pai, en 1805, sendo nese momento prefecto de Xironda, Eugène trasládase coa súa familia a París.[1], a un apartamento da súa irmá máis vella Henriette e de Raymond de Verninac.[2] Ao ano seguinte inscríbese no Liceo Imperial (actual Liceo Louis-le-Grand) onde recibe unha boa educación. As súas lecturas son clásicas: Horacio, Virxilio, pero tamén Racine, Corneille e Voltaire. Aprende grego e latín. Os numerosos debuxos e bosquexos escritos nos seus cadernos xa dan fe dos seus dons artísticos. Coñeceu aos seus primeiros confidentes no Lycée Impérial: Jean-Baptiste Pierret (1795-1854), Louis (1790-1865) e Félix (1796-1842) Guillemardet e Achille Piron (1798-1865).[3] Compartiron a súa vida bohemia e permaneceron fieis a el ata o final da súa vida.

Estudos e formación[editar | editar a fonte]

Aos 18 anos ingresou na escola superior de belas artes, no estudo de P. Guérin, onde Théodore Géricault e Gros foron os seus mestres. Visita frecuentemente o Louvre, estudando e copiando aos grandes pintores que admira: Rubens, Velázquez, Rembrandt, Paolo Veronese, e debátese entre a tradición e o clasicismo e o desexo de achar, tralas aparencias, a realidade. O pintor paisaxista Bonington ensinoulle a pintar a natureza. Raymond Soulier iniciouno na acuarela.

O artista frecuenta os salóns literarios onde coñece a Stendhal, Mérimée, Victor Hugo, Alexandre Dumas, Baudelaire. Melómano apaixonado, relaciónase con Paganini, e Frédéric Chopin, e outros, dos que fai os seus retratos. Delacroix prefire a amizade de músicos, escritores e poetas á dos pintores da súa época.

En 1822, Delacroix expón, por primeira vez, Dante e Virxilio nos infernos, unha obra chea de forza, dunha composición ambiciosa e cores moi traballadas: a luz deslízase sobre as musculaturas inchadas, un incendio consome unha cidade (en segundo plano), as capas ondean ao vento. A fantasía, o macabro e o erotismo mistúranse. Dous anos máis tarde pinta As matanzas de Quíos, unha obra enérxica e cun colorido moito máis vivo. Ambos cadros concretizan a súa ambivalencia interior que se debate entre o romanticismo e o clasicismo, entre deseño e cor, polémica interna que o acompañará durante toda a súa vida.

En 1827 expón A morte de Sardanápalo, un cadro no que fai gala dunha das súas máis espléndidas combinacións de cor, e cun trazado cheo de vigor, tras un esbozo ao temple fixo unha serie de estudos parciais ao pastel e, despois, ao natural. O cadro foi vendido en 1847 a M. Wilson, que o instala no seu castelo de Brie, o que provocou unha grave deterioración do cadro, e unha difícil restauración.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]