Eugenio Arbones Castellanzuelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eugenio Arbones»)
Infotaula de personaEugenio Arbones Castellanzuelo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Eugenio Arbones Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1881 Editar o valor em Wikidata
Ponteareas, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

10 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Pontevedra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xinecólogo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCarmen Paz-Pardo † 1914
FillosEugenia Arbones Paz

Eugenio Arbones Castellanzuelo, nado en Ponteareas en 1884 e finado en Vigo o 15 de setembro de 1936, foi un médico e político, asasinado polos sublevados ó comezo da guerra civil.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

"Neste lugar ás dúas beiras da estrada ao mencer do 15 de setembro de 1936 apareceron asasinados polos fascistas os corpos de
Marcial Araújo Conde
Eugenio Arbones Castellanzuelo
Luís Bilbatúa Zubeldia
Segundo Echegaray García
Adolfo Morgade Pazos
Abraham Muñoz Arconada
Inocencio Taboada Montoto.

O pobo non esquece.
 15 de setembro de 2007."[1]

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en Alemaña e chegou a ser un coñecido xinecólogo. Viviu en Vigo a maior parte da súa vida. Foi colaborador habitual do semanario El Tea e a partir de 1911 inclinouse cara ao movemento agrario como propagandista independente e participou na campaña antiforista.

En decembro de 1912 casou con Carmen Paz, filla do seu colega Nicolás Paz Pardo.[2] Tiveron unha filla, Eugenia. A nai, Carmen, morreu no verán de 1914 vítima dunha epidemia de tifo.[3]

Evolucionou dende o agrarismo ao socialismo e foi vicepresidente do PSOE de Vigo entre 1923 e 1930, e deputado nas eleccións xerais de 1931 pola provincia de Pontevedra na Conxunción Republicano-Socialista-Agraria. En 1933 a candidatura do Partido Socialista por Pontevedra non pactou con ningún outro grupo político, polo que resultou derrotado finalmente. Ás eleccións de febreiro de 1936 non se presentou.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 as autoridades militares non o detiveron nin o acusaron, pero a raíz da denuncia doutro médico foi detido no Fronton e asasinado polos falanxistas en Cabral o 15 de setembro,[4][5] con Segundo Echegaray García, Abraham Muñoz Arconada, Luís Bilbatúa Zubeldia, Inocencio Taboada Montoto, Marcial Araújo Conde e Adolfo Morgade Pazos.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Problemas fundamentales de la gestación, 1929.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]