Eugene Znosko-Borovsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eugene Znosko-Borovsky
Eugene Znosko-Borovsky
Eugene Alexandrovich Znosko-Borovsky
Nacemento: 16 de agosto de 1884
San Petersburgo Rusia Rusia
Falecemento: 31 de decembro de 1954
Nacionalidade: Rusa Flag of Russia.svg
Ocupación: Xogador de xadrez, escritor, profesor e crítico literario

Eugene Alexandrovich Znosko-Borovsky, nado en San Petersburgo o 16 de agosto de 1884 e finado o 31 de decembro de 1954, foi un mestre de xadrez ruso, escritor, profesor e crítico literario.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aprendeu a xogar xadrez de mozo, gañando premios en torneos locais e rexionais mentres progresaba nunha educación de primeira clase no prestixioso Liceo do Emperador Alexandre I.

Fixo o seu debut internacional no torneo de xadrez de Oostende en 1906, onde gañou o premio á brillantez polo seu xogo contra Amos Burns. A carreira xadrecística de Znosko-Borovsky foi interrompida con frecuencia por outros acontecementos na súa vida. Ferido e recoñecido militarmente en conflitos bélicos, serviu primeiro como voluntario nas batallas ruso-xaponesas de 1904 e 1905 e foi chamado outra vez ao servizo durante a Gran Guerra. Logo da evacuación, unha nave británica levouno a Constantinopla e de alí trasladouse a París, que seguiu sendo o seu fogar desde 1920 en adiante.

Conseguiu algúns resultados notables en competicións internacionais, incluíndo París 1930, onde terminou primeiro sen perder, diante de Savielly Tartakower, de Andor Lilienthal e de Jacques Mieses. O éxito veu a miúdo en encontros individuais cos seus pares máis distinguidos: gañou xogos impresionantes contra José Raúl Capablanca, Akiba Rubinstein, Max Euwe e Efim Bogoljubov, así como un match curto con Edgard Colle en 1922. Tamén era experto en xogo simultáneo de exposición.

Como conferenciante, profesor, ou escritor sobre xadrez, as súas capacidades foron recoñecidas universalmente, particularmente en Rusia e Francia, onde tamén contribuíu regularmente sobre o tema xadrecístico en artigos e columnas de xornais. De feito, foi no campo da escritura onde sobresaíu, escribindo moitos libros populares como The Evolution of Chess (A evolución do xadrez (en galego)) (1910); Capablanca e The Muzio Gambit (O gambito de Muzio (en galego)) (os dous en1911); e Capablanca and Alekhine (logo da Primeira Guerra Mundial). A maioría dos seus últimos traballos foron traducidos ao inglés, como The Middle Game in Chess (O xogo medio en xadrez (en galego)), How Not to Play Chess (Como non xogar ao xadrez (en galego)), How to Play the Chess Openings (Como xogar aperturas de xadrez (en galego)) e The Art of Chess Combination (A arte da combinación no xadrez (en galego)).

Outra distinción alcanzada por Znosko-Borovsky foi como crítico literario, sendo considerado un experto en teatro ruso.

Algunha vez escribiu:

"Non é un movemento, nin ata o mellor movemento, o que debes buscar, senón un plan realizable"