Eucalipto vermello
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O eucalipto vermello (Eucalyptus camaldulensis) é unha árbore perennifolia da familia das mirtáceas pertencente ao xénero eucalipto. Diferénciase da especie predominante en Galiza, o Eucalyptus globulus, na súa casca avermellada, que se desprende en anacos irregulares cando é vello. Igualmente presentan un ton avermellado as follas, sendo as súas flores e os seus froitos máis pequenos.
En Galiza cultívase escasamente, aparecendo ocasionalmente naturalizado en zonas litorais.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- Eucalipto (xénero)
Bibliografía [editar]
- VV.AA. (2006). Árbores de Galiza, Edicións A Nosa Terra.