Eucalipto do maná

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eucalipto do Maná

Eucaliptus viminalis
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Myrtales
Familia: Myrtaceae
Subfamilia: Myrtoideae
Tribo: Eucalypteae
Xénero: Eucalyptus
Subxénero: Symphyomyrtus
Especie: E. viminalis
Nome binomial
'Eucalyptus viminalis'
Labill. 1806
Distribución natural de Eucalyptus viminalis en Australia
Distribución natural de Eucalyptus viminalis en Australia

Distribución natural de Eucalyptus viminalis en Australia

O eucalipto do maná (Eucalyptus viminalis) é unha árbore perennifolia da familia das mirtáceas pertencente ao xénero eucalipto. Diferénciase da especie predominante en Galiza, o Eucalyptus globulus, na súa casca de cor branca-crema, nas súas follas máis estreitas e nas súas flores máis cativas.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha árbore forte, rexa, erecta, de 50 m de altura, coa casca engurrada e pólas moi longas. Ás veces acada maiores talles, a máis alta descuberta chega aos 89 m de altura.[1]

Distribución[editar | editar a fonte]

E. viminalis está amplamente distribuído nas áreas máis frescas de Australia, onde as súas follas son o alimento favorito do coala.[2] O zume ten un 5-15% azucre, facéndoa parte esencial do balance de enerxía dos mamíferos marsupiais arbóreos.

As subespecies son nativas da illa Kangaroo e de Mount Lofty Ranges.

En Galiza aparece cultivada e ocasionalmente naturalizada no litoral.

Sinonimia[editar | editar a fonte]

subsp. pryoriana (L.A.S.Johnson) Brooker & Slee, Muelleria 9: 80 (1996).

  • Eucalyptus pryoriana L.A.S.Johnson, Contr. Nova Gales do Sur Natl. Herb. 3: 115 (1962).
  • Eucalyptus viminalis var. racemosa Maiden, Forest Fl. N.S.W. 7: 131 (1920).

subsp. viminalis.

  • Eucalyptus angustifolia Desf. ex Link, Enum. Hort. Berol. Alt. 2: 30 (1822).
  • Eucalyptus gunnii Miq., Ned. Kruidk. Arch. 4: 126 (1856), nom. illeg.
  • Eucalyptus huberiana Naudin, Descr. Emploi Eucalypt.: 42 (1891).
  • Eucalyptus viminalis var. rhynchocorys Maiden, Forest Fl. N.S.W. 7: 131 (1920).
  • Eucalyptus viminalis var. huberiana (Naudin) N.T.Burb., Trans. Roy. Soc. Sur Australia 71: 147 (1947).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Datos en". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2007. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  2. Costermans, L. 2006. Trees of Victoria and adjoining areas 6th ed. ISBN095991054-9
  3. "Eucalipto do maná". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 5 de maio de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]