Etoumbi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Etoumbi.PNG

Etoumbi é unha vila da provincia de Cuvette-Ouest, no noroeste da República do Congo. A maioría dos seus habitantes viven da caza nos bosques próximos.
A vila coñécese por ser o foco de catro epidemias do virus ébola, pénsase que se propagou polo consumo de animais procedentes da caza. En 2003, morreron 120 persoas. A vila está en corentena despois dunha nova epidemia en maio de 2005.