Monte Etna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Etna")
Etna
Monte Etna, Sicilia.
Val do Bove, Monte Etna, Sicilia. Agosto de 2003.

O Monte Etna é un volcán activo que se atopa na costa leste de Sicilia, entre as provincias de Messina e Catania. Ten ó redor de 3.340 m de altura . O Etna é o volcán activo máis grande de Europa e a montaña máis alta de Italia ó sur dos Alpes. O Etna cobre unha área de 1190 km².

Topónimo[editar | editar a fonte]

A poboación local adoita referirse ao monte como Gibellu, do árabe جبل ŷébel (monte, montaña), usando o topónimo Etna para o cono volcánico.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A actividade volcánica do Etna comezou hai uns 700.000 anos, sendo este un volcán submarino, que se foi desprazando cara o interior. O Etna é o que se denomina un estratovolcán formado como resultado de erupcións sucesivas. Unha das últimas erupcións do volcán foi entre xullo e agosto de 2001, arrasou unha estación de esquí situada na ladeira sur do volcán. A última en xaneiro de 2005, non chegou ás zonas habitadas aínda que as emisións de lava puideron verse dende toda a costa siciliana manando das aperturas laterales situadas a 2.620 e 2.400 metros.

Na actualidade segue en actividade e tén varios cráteres arredor dos 3.000 m. con fumarolas permanentes.

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Segundo a mitoloxía grega, no interior do Etna estaban as forxas de Vulcano, que traballaba alí coa axuda dos cíclopes e mailos xigantes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Massimo Ghirardi, Massimo. "Note di Toponomastica" (en italiano) (pdf). http://www.araldicacivica.it/pdf/toponomastica.pdf. Consultado o 28 de outubro de 2008.