Etmopteridae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os etmoptéridos (Etmopteridae) son unha familia de elasmobranquios selacimorfos da orde Squaliformes que habitan no Atlántico (polo norte até Islandia), Índico e Pacífico.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Son tiburóns pequenos; a maioría das especies miden menos de 90 cm de lonxitude. Os dentes teñen unha prominente cúspide central flanqueada por unha ou dúas prominencias máis pequenas. Posúen dúas aletas dorsais con espiñas estriadas; a aleta caudal presenta unha fenda subterminal. Adoitan ter órganos luminosos.[1]

Historia natural[editar | editar a fonte]

Viven en augas tropicais e temperadas, normalmente no noiro continental, e son raros na plataforma continental; uns poucos son oceánicos.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Etmopterus virens.
Etmopterus lucifer.
Centroscyllium fabricii.
Centroscyllium granulatum.

A familia inclúe cinco xéneros e 45 especies:[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 {{Cita web |url=http://fishbase.mnhn.fr/Summary/FamilySummary.php?ID=638 |título=Froese, R. and D. Pauly. Editors. 2009. [[FishBase |data-acceso=06 de febreiro de 2017 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160418212052/http://fishbase.mnhn.fr/summary/FamilySummary.php?ID=638 |dataarquivo=18 de abril de 2016 |urlmorta=yes }}

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]