Et on tuera tous les affreux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Et on tuera tous les affreux
Autor/aBoris Vian
OrixeFrancia
Linguafrancés
Xénero(s)novela policíaca
EditorialEditions du Scorpion
Data de pub.1948
editar datos en Wikidata ]

Et on tuera tous les affreux é unha novela policíaca de Boris Vian. Foi publicada por vez primeira en 1948 (éditions Scorpion) baixo o pseudónimo de Vernon Sullivan, aparecendo Boris Vian como tradutor.

Trama[editar | editar a fonte]

A historia comeza nun local nocturno dos Ánxeles. O protagonista é Rock Bailey, un rapaz de 19 anos, ex-míster Os Ánxeles, que pretende manter a súa virxindade ata os 20, e que malia ser adorado polas mulleres, el rexéitaas. Pero unha noite é drogado e enviado á clínica do doutor Schulz (en referencia a Marcel-Paul Schützenberger, amigo do propio Vian), onde procuran que teña relacións sexuais cunha rapaza moi fermosa, tamén secuestrada, para se reproduciren.

Logra escapar da clínica, e coa axuda do seu amigo Gary e co taxista Andy Sigman, desenmascaran ó doutor e os seus experimentos. É un millonario excéntrico que pretende un mundo formado por xente fisicamente perfecta (segundo o seu canon: rapaces vigorosos con músculos apolíneos e mulleres con curvas de vertixe...). Despois ten lugar unha intrépida e frenética aventura con persecucións, pelexas, alcol, sexo e moito humor.

Narración[editar | editar a fonte]

O libro está narrado en primeira persoa, co que narra baixo a visión de Rocky, que tamén vai contando os seus descubrimentos respecto ó sexo.

A diferenza doutras obras publicadas co pseudónimos de Vernon Sullivan, escritas ó máis puro estilo da novela negra americana da época, Et on tuera tous les affreux usa un ton burlesco, con moitas peripecias e situacións absurdas. Aseméllase máis ó estilo usado por Vian noutras novelas súas, como L'Automne à Pékin.