Estrutura de contención

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha estrutura de contención é unha construción estrutural de enxeñería, cuxo fin é conter os pulos de terras que poden afectar a un determinado lugar.

Pode ser unha única obra cun único proxecto, como é o caso da construción dun muro de contención co fin de obter parcelas de superficie horizontal, ou pode ser parte dun proxecto máis grande, como por exemplo, un muro para conter as terras próximas a unha estrada, ou pantallas para a construción dos sotos dun edificio.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Estruturas de contención ríxidas[editar | editar a fonte]

As estruturas de contención ríxidas son aquelas estruturas de contención cuxos movementos son de sólido ríxido, pero non presentan movementos no interior da estrutura, é dicir, non se producen flexións na mesma. Polo tanto, a lei de pulos ven influída exclusivamente polo valor, pero non pola forma. Son os muros de contención.

Estruturas de contención flexibles[editar | editar a fonte]

As estruturas de contención flexibles son aquelas nas que os movementos de sólido ríxido e os movementos debidos á flexión da propia estrutura prodúcense en porcentaxes similares. Esta deformación fai que o movemento da estrutura inflúa tanto no valor como na forma da lei de pulos sobre a estrutura.

Hai dous tipos de estruturas de contención flexibles:

  • As pantallas. Diferéncianse dos muros en que estas constrúense sempre antes de realizar a escavación, ou, como moito, durante a mesma.
  • Os esteamentos. Diferéncianse das pantallas en que estes son moito máis flexibles.