Estroncianita
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Estroncianita | |
|---|---|
| Estroncianita (cristais brancos) | |
| Fórmula química: | SrCO3 |
| Clase: | Carbonatos |
| Subclase: | |
| Sistema cristalino: | Rómbico |
| Cor: | Branca, gris, rosada, amaarelada e verdosa |
| Brillo: | De vítreo a resinoso |
| Dureza: | 3,5 |
| Fractura: | Concoidea ou irregular |
| Exfoliación: | Moi imperfecta |
| Raia: | Branca |
| Densidade: | 3,7 g/cm3 |
A estroncianita é un mineral moi raro da clase dos carbonatos cuxa fórmula química é SrCO3 (70,2% de SrO e 29,8% CO2). É soluble e efervescente a diversos ácidos diluídos.
Índice |
Aspecto [editar]
Presenta na súa forma cristalina, cristais individuais ou en grupos diverxentes en forma de prismas hexagonais estriados horizontalmente.
Lugares onde se atopa [editar]
A estroncianita atópase en filóns hidrotermais de baixa temperatura e en sedimentos calcáreos e arxilosos.
Usos da estroncianita [editar]
A estroncianita úsase como fonte de estroncio, o cal é usado na pirotecnia e en foguetes militares.
Outros carbonatos [editar]
A calcita e a aragonita son outros carbonatos de importancia.