Estrella Morente
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrella Morente Carbonell, nada en Las Gabias (provincia de Granada) en 1980, é unha cantaora flamenca andaluza. Provén da familia Morente, oriúnda da provincia de Granada. O seu pai, Enrique Morente, tamén cantaor, e a súa nai Aurora Carbonell, bailaora, transmitíronlle desde a súa infancia a esencia do flamenco. Está casada co toureiro Javier Conde.