Estratovisión
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
A estratovisión é a difusión de emisións de televisión desde avións a grande altitude que fan de estacións intermedias entre as emisoras ampliando o alcance das transmisións.
Índice |
Desenvolvemento [editar]
O desenvolvemento deveuse á Westinghouse Electric Corporation que realizou os primeiros ensaios na primavera e verán de 1945[1] coa pretensión de conseguir un sistema barato de televisión e radio FM de costa a costa. En setembro de 1946 a compañía realizou con éxito probas cun aeroplano a 30.000 pés de altura[2]. O 23 de xuño de 1948[3] realizouse a primeira demostración pública de estratovisión retransmitindo a convención republicana que emitía en directo a WMAR-TV en Baltimore sobre unha área de 845 km de diámetro[4] dos estados de Pennsylvania, Ohio, Nova York e Maryland. Ao longo de 1948 realizáronse un total de 37 que sumaron 164 horas de voo. Porén os problemas económicos: o custe de manter unha frota de avións e a súa tripulación no aire; técnicos: a antena situada no fondo do aeroplano tardaba hora e media en despregarse e dobrarse [5]; políticos: temor por parte de congresistas e estacións de televisión a que se convertese nun monopolio [6]. e finalmente a finalización da conexión por cable coaxial entre a costa leste e a oeste que realizou ATT en 1949 levaron á Westinghouse a abandonar o proxecto.
Usos civís [editar]
O 30 de setembro de 1954 Cuba utilizou un DC-3 para transmitir desde os Estados Unidos un partido do campionato de béisbol, foi a primeira transmisión extracontinental en directo, [7].
Entre 1961 e 1968 a Mildwest Program on Airbone Television Instruction desenvolveu un servizo de televisión educativa catro días á semana dirixido a escolas de primaria e secundaria, en 1967 transmitía para 1770 colexios, que tiñan que pagar unha pequena cota por alumno. [8].
Usos militares [editar]
O exército norteamericano desenvolveu un servizo de estratovisión entre 1966 e 1972 en Vietnam do Sur, con dúas canles, unha para os soldados norteamericanos e outra para o público en xeral.
A 193d Special Operations Wing, unha unidade de operacións especiais da Garda Nacional Aérea de Pennsylvania é a encargada de operar o Lockheed EC-130 Commando Solo, unha versión do C-130 Hercules especialmente deseñada para realizar operacións psicolóxicas e misións de interferencia de frecuencias de radio e televisión, participou en 1994 na invasión norteamericana de Haiti transmitindo mensaxes do presidente deposto Jean-Bertrand Aristide [9]. En 1999 baixo cobertura da OTAN actuou durante o bombardeo de Iugoslavia interferindo as transmisións de televisión serbias [10] e en 2003 en Iraq, emitiu a denominada Towards Freedom TV [11]
Notas [editar]
- ↑ Foust, J. , 2007-08-08 "The “Atomic Bomb” of Broadcasting: Westinghouse's “Stratovision” Experiment, 1944-1949" Paper presented at the annual meeting of the Association for Education in Journalism and Mass Communication, The Renaissance, Washington, DC Online <PDF>. http://www.allacademic.com/meta/p202973_index.html
- ↑ Lynn Hinds "It’s Stratovision"
- ↑ Early Electric Television
- ↑ Science Service
- ↑ Jonathan Sterne "Television under construction: American television and the problem of distribution, 1926–62"
- ↑ John M. Kittross e Christopher H. Sterling "Television frequency allocation policy in the United States", páxina 223
- ↑ Guido Sapienza "Il sistema televisivo cubano", páxina 67
- ↑ National Public Broadcasting Archives. University of Maryland
- ↑ Time
- ↑ The Institute of Communications Studies, University of Leeds
- ↑ Stars and Stripes