Estoxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estoxo

Un estoxo é unha caixa pequena usada para gardar cousas de forma ordenada. Xeralmente, utilízase para obxectos de pequenas dimensións e de certo valor: xoias, reloxos, plumas estilográficas etc. En ocasións, contan cun acondicionador interior que inmobiliza e presenta o obxecto.

No sector do embalaxe, denomínase xenericamente estoxo a todo embalaxe de pequenas dimensións. O material de fabricación pode ser calquera: madeira, plástico, cartón ondulado etc. Por exemplo, considérase estoxo ao envase para unha ou dúas botellas de viño ou un feixe de puros. Con todo, o material de fabricación máis habitual é o cartonciño. Así, denomínanse estoxos ás caixas para medicamentos, perfumes, bombóns, colonias etc. A impresión que se emprega é de alta calidade utilizando a técnica offset á que se adoitan engadir tratamentos especiais como relevos, stampings ou vernices ultravioleta.

Cando está deseñado para gardar material escolar, o estoxo perde a forma dura de caixa e adopta outras máis elásticas, para un manexo máis sinxelo e un tacto máis adecuado ao transporte en man.

En moitas ocasións, e dependendo do obxecto, o estoxo conta cun forrado interno para evitar os malos tratos ao obxecto a ser coidado. O forro interior pode ser esponxoso para axudar a amortecer o impacto en caso que, por exemplo, caese o estoxo co obxecto dentro ou durante o seu transportación. Ademais, o forro adoita ser suave para evitar raiar ou alterar o acabado externo dos obxectos.