Estilo de vida
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En epidemioloxía, o estilo de vida, hábito de vida, forma de vida son un conxunto de comportamentos ou actitudes que desenvolven as persoas, que unhas veces son saudables e outras son nocivas para a saúde. Nos países desenvolvidos os estilos de vida pouco saudables son os que causan a maioría das enfermidades.
Entre os estilos de vida máis importantes que afectan á saúde atopamos:
- Consumo de substancias tóxicas: tabaco, alcohol e outras drogas.
- Exercicio físico.
- Sono nocturno.
- Condución de vehículos.
- Estrés.
- Dieta .
- Hixiene persoal.
- Manipulación dos alimentos.
- Actividades de lecer ou afeccións.
- Relacións interpersoais.
- Comportamento sexual.
Nos países desenvolvidos existe o paradoxo de que a maioría das enfermidades son producidas polos estilos de vida da súa poboación, e porén os recursos sanitarios desvíanse cara ó propio sistema sanitario para intentar curar estas enfermidades, en lugar de destinar máis recursos económicos na promoción da saúde e prevención das enfermidades.
En socioloxía, un estilo de vidaé a maneira en que vive unha persoa (ou un grupo de persoas). Isto inclúe a forma das relacións persoais, do consumo, da hospitalidade, e a forma de vestir. Unha forma de vida tipicamente tamén reflicte as actitudes, os valores ou a visión do mundo dun individuo.
Ter unha "forma de vida específica" implica unha opción consciente ou inconsciente entre un sistema de comportamentos e dalgúns outros sistemas de comportamentos.
A primeira vez que apareceu o concepto de "estilo de vida" foi en 1939 (as xeracións anteriores puideron non ter necesitado este concepto porque non era significativo ó ser as sociedades relativamente homoxéneas). Alvin Toffler predeciu unha explosión dos estilos de vida (denominados "subculturas") debido ó aumento da diversidade das sociedades postindustriais. Jeremy Rifkin na 'construción da idade moderna' do seu libro El sueño europeo, describe o estilo de vida e a vida cotiá en Europa y Estados Unidos; nas épocas históricas, nas actuais e na chegada da era global, despois do individualismo e o comunitarismo.