Estevo X, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século XI
Antipapas

Advertencia: A numeración do Papas de nome Estevo é controvertida, nalgunhas fontes este Papa aparece como Estevo IX.

Estevo X.

Estevo X (ca. 1020 - 29 de marzo de 1058) foi Papa da Igrexa Católica desde o 3 de agosto de 1057 ata a súa morte. O seu nome era Federico e era o irmán menor de Gofredo, Duque da Alta Lorena, o cal na súa calidade de marqués de Toscana (polo seu matrimonio con Beatriz, viúva de Bonifacio, marqués de Toscana), xogou un papel importante na política da época.

No momento da súa elección era abade de Montecassino, o ano seguinte á súa elección marchou a Florencia para organizar xunto o seu irmán unha expedición militar contra os normandos, nesa cidade enfermou de malaria e faleceu.