Estelle Parsons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEstelle Parsons

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de novembro de 1927 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Marblehead (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónConnecticut College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actriz de cinema , guionista , actriz de teatro , actriz de televisión , produtora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1963 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRichard Gehman (–1958) Editar o valor em Wikidata
FillosMartha Gehman (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0663820 Allocine: 3868 Allmovie: p55233 TCM: 148118 TV.com: people/estelle-parsons IBDB: 15839
Musicbrainz: a26ed8e0-1d24-4ea8-a200-1edfdd82f25b Discogs: 1962839 Editar o valor em Wikidata

Estelle Margaret Parsons, nada en Lynn (Massachusetts) o 20 de novembro de 1927 é unha actriz e presentadora de televisión estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Parsons naceu en Massachusetts, filla de Elinor Ingeborg, nada en Suecia, e de Eben Parsons, de orixe inglesa.[1] Tras graduarse no Connecticut College en 1949 comezou a estudar dereito na Universidade de Boston e traballou como cantante antes de iniciar a súa carreira interpretativa a principios da década de 1950.[2]

Cando se instalou na cidade de Nova York traballou como guionista, produtora e comentarista para The Today Show e debutou en Broadway en 1956 no musical de Ethel Merman Happy Hunting. Desde 1961 actuou tamén no off-Broadway. Como directora produciu obras en Broadway coma Romeo e Xulieta, Macbeth e Ao voso gusto en 1986. No Off-Broadway dirixiu Orgasmo Adulto Escapes from the Zoo, de Dario Fo (1983).

En 1967 gañou o Oscar á mellor actriz secundaria pola súa interpretación de Blanche Barrow en Bonnie e Clyde.

Na televisión participou en series coma Roseanne, Frasier ou The Good Wife.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1963 Ladybug Ladybug Nai de JoAnn
1967 Bonnie e Clyde Blanche
1968 Rachel, Rachel Calla Mackie
1969 Don't Drink the Water Marion Hollander
1970 Watermelon Man Althea Gerber
1970 I Never Sang for My Father Alice
1970 I Walk the Line Ellen Haney
1973 Two People Barbara Newman
1974 For Pete's Sake Helen Robbins
1975 Fore Play 1st Lady/Barmaid
1989 The Lemon Sisters Mrs. Kupchak
1990 Dick Tracy Mrs. Trueheart
1990 The Blue Men May
1996 Looking for Richard Margaret
1995 Boys on the Side Louise
1997 That Darn Cat Old Lady McCracken

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]