Estela da Fame

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estela da fame

A Estela da Fame é un texto de trinta e dúas columnas gravado na cara leste dunha das rochas superiores dun amoreamento rochoso no extremo sur da illa de Séhel (moi próxima a Asuán, no Alto Exipto). Descubriuna en 1889 Charles Wilbour e foi traducida por Brugsch (1891), Pleyte (1891), Morgan (1894), Sethe (1901), Barguet (1953) e Lichtheim (1973).[1][2][3]

O texto dátase no ano 18 do reinado de Zoser (Dinastía III), aínda que sen dúbida foi gravada en época moi posterior (seguramente en época tolemaica). Narra a preocupación do monarca pola fame que asolou o país ao non chegar as augas do Nilo ao nivel necesario para regar os campos. Diante disto, o faraón fixo chamar a Imhotep e preguntoulle polas causas de tal desgraza. Este aconselloulle suplicar o seu cesamento ao "Señor das Fontes do Nilo", o deus creador Khnum, pois el estaba molesto e non deixaba que río correse. De aí que se gravasen en tan afastado lugar.[4]

A estela trata os seguintes aspectos: descrición da fame, visita á biblioteca de Hermópolis, revelacións de Imhotep, o soño de Zoser e un decreto real. Entre as columnas situadas entre a 6 e a 22 fálase de métodos construtivos; da columna 11 a 18 Imhotep enumera diversas rochas e minerais da rexión de Elefantina, e da columna 18 á 20 descríbese o soño do rei.[4][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ares 2006, p. 30.
  2. Vernus & Yoyotte 2003, p. 39.
  3. 3,0 3,1 Maria Thereza David João. "Estado e elites locais no Egito do final do IIIo milênio a.C." (PDF) (en portugués). Consultado o 20 de febreiro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Ares 2006, p. 31.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ares, Nacho (2006). Egipto: Hechos y objetos inexplicables del Egipto faraónico (en castelán). Madrid: EDAF. ISBN 84-414-1095-X. 
  • Vernus, Pascal; Yoyotte, Jean (2003). Dizionario dei faraoni (en italiano). Roma: Arkeios. ISBN 88-86495-66-8.