Estandarte Real de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira Real de Escocia
Bandeira Real de Escocia
Características
Uso
Proporción4:5
Adopciónca. 1222
Cores     Dourado     Vermello

O Estandarte Real de Escocia (en scots: Royal banner o Scotland, en escocés: Bratach rìoghail na h-Alba, en inglés: Royal Standard of Scotland), tamén coñecido como Royal Standard of the King of Scots ("Estandarte Real do Rei dos Escoceses") ou máis comunmente como "León Rampante", é a bandeira empregada historicamente polo Rei de Escocia. Era a bandeira de escudo de armas do Reino de Escocia.

Historia[editar | editar a fonte]

Crese que o león foi adoptado como símbolo a comezos do século XII por Guillerme I de Escocia, (coñecido como "Guillerme o León"), pero non existen evidencias do seu uso ata 1222, data na que apareceu no selo do seu fillo, Alexandre II de Escocia. Un estandarte escocés máis antigo que se conserva representa a un dragón, símbolo que tamén empregou David I de Escocia na Batalla do Estandarte de 1138

Descrición e uso[editar | editar a fonte]

O estandarte está formado por un "león rampante" de goles, linguado e uñado de azur, sobre un fondo amarelo ou dourado, e rodeado dunha dobre orla decorada de flores de lis de goles. Trala unión das coroas de Inglaterra e Escocia en 1603, o estandarte foi incorporado ao Estandarte do Monarca Británico: o león rampante aparece no primeiro e cuarto cuadrante na versión que se emprega en Escocia, mentres que só aparece no segundo nas versións empregadas fóra dela.

Na actualidade esta bandeira emprégase oficialmente nas residencias Reais de Holyrood Palace[1] e do Castelo de Balmoral cando Sabela II do Reino Unido non está presente. A bandeira tamén se emprega para representar á Coroa, incluídos o Primeiro Ministro de Escocia, os Lord Lieutenants, o Alto Comisionado da Asemblea Xeral da Igrexa de Escocia ou o Lord Lyon King of Arms. Como bandeira persoal do monarca, o seu uso está restrinxido polo Acta do Parlamento de Escocia de 1672 cap. 47 e 30 & 31 Vict. cap. 17. Hoxe en día, con todo, o estandarte emprégase de xeito non oficial como bandeira de Escocia, especialmente en acontecementos deportivos, e aínda que este feito é ilegal, ninguén foi xulgado por iso. O león rampante tamén aparece no Estandarte do Ducado de Rothesay, título empregado polo fillo máis vello do monarca de Escocia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lyon Court - "O león rampante"". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 03 de xullo de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]