Estafilococo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Os Staphylococcus son microorganismos que están presentes na mucosa e na pel dos humanos e doutros mamíferos e aves. O xénero comprende na actualidade a 35 especies e 17 subespecies, moitas das cales se achan nos humanos. As especies que se asocian con máis frecuencia ás enfermidades en humanos son Staphylococcus aureus (o membro máis virulento e coñecido do xénero), Staphylococcus epidermidis, Staphylococcus saprophticus, Staphylococcus capitis e Staphylococcus haemolyticus.

Índice

[editar] Características xerais

  • Os estafilococos medran facilmente sobre case tódolos medios bacteriolóxicos, en condicións aeróbicas dáse o mellor crecemento. A súa maior velocidade de crecemento é a 5-25 °C; pero tamén se pode ver en activa fisión binaria entre 30 e 27 °C
  • Os estafilococos producen catalasa, o que os diferenza dos estreptococos.
  • Ten importancia médica maioritariamente o aureus, e en humanos ademais deste, o saprofiticus e o epidermidis

[editar] Factores de virulencia

Na súa estrutura áchanse os ácidos teicoico e lipoteicoico, e os péptidoglicanos.

Os ácidos sérvenlle para se adherir a superficies corporais xunto coas especies de estafilococo que teñen cápsula, e en conxunto os ácidos teicoicos e o péptido glicano teñen a característica que activan o sistema inmune do complemento e serven ademais de evasores da fagocitose.

Entre os factores de virulencia que lle serven para a invasión e sérvenlle ó laboratorista para a súa identificación están:

  • A presenza de catalasa
  • A presenza de coagulasa no caso do estafilococo aureus (patogneumonico)
  • A fermentación do azucre Manitol específico como a cuagulasa do estafilococo aureus (o máis importante)
  • Presenza de B lactamasa, que rompe o anel b lactámico dos antibióticos con esta estrutura

[editar] Papel na enfermidade

As enfermidades que pode desenvolver o xénero estafilococo están mediadas pola produción de toxinas, entre as cales están:

  • Enterotoxinas - Diarreas, vómito, náuseas
  • Dano na pel, separando o estrato granuloso do córneo dando o signo de pel escaldada
  • Enfermidades comúns
    • Forúnculos ,
    • Impétigo ampolloso
  • A máis grave para o humano, o Staphylococcus aureus pode matar por insuficiencia cardiaca debido a unha endocarditis bacteriana, sendo a endocarditis en humanos a máis frecuente subsecuente á infección por Staphylococcus aureus.

[editar] Staphylococcus aureus

A infección por Staphylococcus aureus é bastante común e de longa historia pois é resistente á penicilina. O Staphylococcus aureus pode matar por insuficiencia cardíaca, debido a unha endocarditis.


[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais