Estado do Amazonas, Brasil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|
|||
| Capital poboación (ano) |
Manaus 1 644 690 (2005) |
||
| Superficie | 1.577.820,2 km2 | ||
| Poboación Densidade de poboación |
3 232 330 (2005) 1,79 hab/km² |
||
| Gobernador | Eduardo Braga | ||
| Hora | GMT-4 (en case todo o estado) GMT-5 (a oeste da liña que une Tabatinga a Porto Acre, AC) |
||
| ISO 3166-2 | BR-AM | ||
| Estado do Amazonas, no Brasil | |||
|---|---|---|---|
O Amazonas é un estado brasileiro localizado no oeste da rexión Norte. Ten como límites: Venezuela e Roraima ao norte; Pará ao este, Mato Groso ao sueste, Rondônia ao sur, Acre a suroeste, Perú a oeste e Colombia a noroeste. Ocupa unha superfície de 1.577.820,2km2, un pouco máis grande que a Mongolia.
A súa capital é a cidade de Manaus. Ademáis da capital, as cidades máis importantes son: Coari, Manacapuru, Tefé, Parintins, Itacoatiara e Tabatinga.
[editar] Historia
Dende 1494 polo Tratado de Tordesillas, a rexión do actual estado do Amazonas pertencía a España. A pesar disto, a foz do Río Amazonas só foi descoberta en febreiro de 1500 polo navegador Vicente Yáñez Pinzón, tres meses antes da viaxe de Pedro Álvares Cabral. Catro meses despois, o primo de Pinzón, Diego de Lepe, tamén alcanzou a rexión.
Entre 1540 e 1542 outros españóis, Gonzalo Pizarro e Francisco de Orellana, partiron de Quito no atual Ecuador e chegaron ó Océano Atlántico. Estes relataron que, durante a viaxe, foron atacados por mulleres índíxenas, o que popularizou o nome Amazonas, en referencia ás mulleres guerreiras da mitoloxía grega.
Despois que ocorreu a unión das coroas portuguesa e española en 1580, os portugueses foron progresivamente ocupando a rexión. Co Tratado de Madrid de 1750 a rexión pasou definitivamente á soberania portuguesa.
A Provincia do Amazonas foi creada en 1850 polo imperador Pedro II de Brasil. Despois da proclamación da república e da adopción de unha nova Constitución para o Brasil en 1891, o Amazonas tornouse un estado.
A bandeira foi adoptada por Lei nº 1513 de 14 de xaneiro de 1982. As 25 estrelas no canto esquerdo superior representan os 25 municipios en que se dividía o estado o 4 de agosto de 1897. A estrela maior representa a capital, Manaus. As dúas faixas brancas na horizontal representan esperanza e a faixa vermella, as dificuldades superadas.
[editar] Xeografía
A vexetación predominante no estado é a Floresta Amazónica, famosa por súa gran biodiversidade, e que pode ser dividida en tres: floresta de terra firme, várzea (rexión de pantano de auga doce, inundada durante algúns meses) e igapó (vexetación permanentemente inundada).
O clima é ecuatorial, quente e húmido, con chuvias moi intensas durante todo o ano.
No estado sitúase a montaña máis alta do Brasil: o Pico da Neblina, co 2 994 metros de altitude.
[editar] Economía
Máis aló da explotación vexetal (nomeadamente o caucho) e da agricultura (especialmente mandioca e laranxa), son tamén moi importantes para a economía do estado as industrias da Zona Franca de Manaus, principalmente de equipamentos electrónicos: televisores, DVDs, etc.
Os grandes ríos, como o Amazonas, o Solimões, o Negro, o Purus e o Madeira son importantes vías de transporte no estado, pero tamén hai estradas, como a BR-174 que liga Manaus ao litoral da Venezuela, pasando polo estado brasileiro de Roraima.

