Estado de San Paulo - São Paulo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
São Paulo
Bandeira do Estado de São Paulo.svg Brasao Estado SaoPaulo Brasil.svg
Capital
-poboación (ano)
São Paulo
10.677.019 habitantes (2003)
Área 248 808,8 km²
Poboación 41.055.734 (est. 2006)
O máis poboado do Brasil
Densidade de poboación 165,4
Fuso horario GMT-3
Gobernador Geraldo Alckmin
Mapa: São Paulo no Brasil
Brazil State SaoPaulo.svg


Estado brasileiro localizado na rexión Sueste. Ten como límites: Minas Xerais (N e NL), estado de Río de Xaneiro (NL), Océano Atlántico (L), Paraná (S) e Mato Groso do Sur (O). Ocupa unha área de 248.808,8 km². A súa capital é a cidade de São Paulo.

Índice

[editar] Historia

[editar] Xeografía

As súas cidades mais poboadas son São Paulo, Campinas, Guarulhos, São Bernardo do Campo, Santo André, Osasco, São José dos Campos, Sorocaba, Ribeirão Preto, Santos, Diadema e Jundiaí.

Presenta un relevo relativamente elevado: 85% do territorio está entre os 300 e os 900 metros de altitude. Os seus ríos principais son o Tietê, Paranapanema, Grande, Turvo, Pardo, do Peixe, Paraíba do Sul e Piracicaba. O seu clima é tropical no interior do estado, e tropical de altitude nas rexións máis altas do planalto, por riba dos 1.000 m de altitude.

O clima do estado é influenciado pola altitude: en Campos do Jordão, cidade situada a 1.600 metros sobre o nivel do mar na Serra da Mantiqueira, as temperaturas poden caer abaixo dos 0 °C en días máis fríos de invernos rigorosos. Xa no interior do estado (Ribeirão Preto, São José do Rio Preto, etc), as temperaturas poden superar facilmente os 33 °C no verán. A capital e a súa rexión metropolitana ten un clima tropical un pouco influenciado pela altitude pero moi alterado pola grande urbanización: durante o inverno é común o fenómeno da inversión térmica, cando a polución sobe co ar quente durante o día e dece co ar frío durante a noite, permanecendo sobre a zona urbana sen dispersarse, debido á falta de ventos. O estado de São Paulo atinxiu un record de baixa temperatura e, en 1918, onde a temperatura chegou a -7,6 ° C na rexión da Avenida Paulista e en temperaturas moito máis baixo en áreas residenciais, como Santo Amaro daquel distrito, que rexistrou -9,8 ° C no mesmo día.

[editar] Economía

É o estado máis desenvolvido do país, representa mais de 30% do Produto Interior Bruto brasileiro. O estado ten como base principal de súa economía a industria (metalurxia, mecánica, automóbiles e as súas pezas, equipamentos mecánicos, electrónicos, telecomunicacións, produtos químicos, plásticos, alcol, etc), despois os servizos (incluindo o sector financeiro) e o comercio. Pero tamén a súa agricultura e gandería son moi importantes e modernas.

As industrias concéntranse na megalópole de San Paulo (formada polas rexións metropolitanas de San Paulo, Campinas e Baixada Santista), na rexión de Sorocaba, en São Carlos, Ribeirão Preto e no Val do río Paraíba do Sul.

Súa agricultura e gandería tamén son bastante modernas: produce laranxa e zume de laranxa para o mercado interno e externo, e cana de azucre, café e algodón para o mercado interno. A cana de azucre é principalmente plantada para a produción de alcol, moi usado en todo o Brasil como biocombustible.

A capital do estado é tamén un importante centro financeiro do país, abrigando as sedes de importantes institucións bancarias brasileiras e estranxeiras con filiais no Brasil. A Avenida Paulista, na capital do estado, concentra a sede de bancos brasileiros como o Itaú, e as matrizes brasileiras de bancos estranxeiros, como o Santander e Citibank, ademais de abrigar a poderosa Federación das Industrias do Estado de San Paulo (FIESP), que representa os intereses das grandes industrias instaladas no estado. A BOVESPA (Bolsa de Valores do Estado de San Paulo) é tamén a máis importante da América do Sur.

[editar] Turismo
Marina na cidade de Ubatuba, litoral norte do estado.

O estado posúe tamén locais turísticos e boa infraestrutura para recibir visitantes, inda que non sexan tan famosos en todo o mundo coma o Río de Xaneiro: cidades de praia (São Sebastião, Ubatuba, Bertioga, Santos, Sao Vicente, Peruíbe), cidade de montaña (Campos do Jordão), estancias de augas minerais (como Serra Negra, Águas de São Pedro, Águas de Lindóia, Lindóia) e outras. A propia cidade de San Paulo recibe turistas, ata mesmo doutros estados, que visitan o comercio especializado da capital (vexa: cidade de San Paulo), as exposicións nos seus museos, o os eventos periódicos, como a competición de Fórmula 1 (Grande Premio do Brasil) que ocorre todos os anos no Autódromo de Interlagos.

[editar] Transportes

[editar] Estradas

Rodovia dos Bandeirantes, considerada a mellor estrada do Brasil pola Confederación Nacional do Transporte[1].

O estado de São Paulo posúe unha malla rodoviaria con máis de 32.000 km de vías asfaltadas, representando cerca do 17% do total da rede asfaltada do Brasil[2][3]. As estradas paulistas están consideradas as máis modernas e mellor conservadas do Brasil. A Confederação Nacional do Transporte, nunha enquisa realizada no 2006, divulgou un ranking que coloca as estradas de São Paulo, en comparación a outras estradas brasileiras como a mellor en termos de estado xeral de conservación[4][5]. A administración dalgunhas estradas do estado foi transferida á iniciativa privada a partir do final da década de 1990. As empresas vencedoras do proceso licitatorio foron obrigadas a realizar unha serie de investimentos e a cumprir metas de calidade mais, a pesar da melloría nas estatísticas de accidentes[6], a cobranza da peaxe provoca críticas ao modelo de privatización.[7]

[editar] Aeroportos

Aeroporto Internacional de São Paulo, en Guarulhos, o aeroporto internacional con máis movemento do Brasil.
Aeroporto de Congonhas, o aeroporto mais rentábel do país.

São Paulo posúe tres grandes aeroportos, sendo dous internacionais:

  • Aeroporto Internacional de Viracopos, localizado a 20 quilómetros do centro de Campinas e a 99 quilómetros da capital estatal. Actualmente, representa o segundo maior terminal aéreo de cargas do país[8], responsábel do 18,1% do movemento total de cargas nos aeroportos.[8] No 2007, rexistrou un fluxo de cargas embarcadas e desembarcadas en voos internacionais de cerca de 228.239 toneladas.[8] De cada tres toneladas de mercadorías exportadas e importadas, unha pasa polo aeroporto.[8] O Terminal de Loxística de Carga de Importación e Exportación posúe unha área de máis de 81 mil metros cadrados, con capacidade de procesar até 720 mil toneladas de carga aérea por ano.

[editar] Portos marítimos

Porto de Santos, o maior do Brasil.

O estado posúe dous portos:

  • Porto de Santos, localizado na cidade de Santos, o porto é hoxe o principal do Brasil e o maior da América Latina. O Porto de Santos ocupa a 39ª posición no ranking mundial de movemento de cargas en containers.

[editar] Ferrocarril

Mapa da rede ferroviaria do estado de São Paulo.

Sao Paulo posúe máis de 5 000 km de ferrovías (outrora operados pola extinta estatal Ferrovia Paulista SA), que se estenden desde as marxes do río Paraná até o porto de Santos, destinados ao transporte de carga. A rexión metropolitana de San Paulo posúe unha rede ferroviaria de 257 km, composta por 6 liñas e 84 estación, sendo operada pola Companhia Paulista de Trens Metropolitanos.

[editar] Metro

Artigo principal: Metro de São Paulo.

O metro de São Paulo é un dos máis eficientes e novos do mundo. Son 61,3 km de metro distribuídos en catro liñas e 55 estación, sendo diariamente transportados aproximadamente 3 millóns de pasaxeiros por esas liñas[9].

[editar] Notas

  1. Pesquisa Rodoviária 2006 - Confederação Nacional de Transporte - Rodovia dos Bandeirantes
  2. Departamento de Estradas de Rodagem de São Paulo Malha rodoviária do estado de São Paulo. Consultado o 3 de febreiro de 2010.
  3. Portal do governo do estado de São Paulo Investimentos.SP. Consultado o 3 de febreiro de 2010.
  4. Confederação Nacional de Transportes Release - Pesquisa Rodoviária CNT 2006. Consultado o 3 de febreiro de 2010.
  5. Confederação Nacional de Transportes Ranking - Pesquisa Rodoviária CNT 2006. Consultado o 3 de febreiro de 2010.
  6. ARTESP Rodovias Concedidas. Consultado o 3 de febreiro de 2010.
  7. Portal Globo de notícias Pedágio de SP é 57% mais caro que de rodovias federais. Consultado o 3 de febreiro de 2010.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Infraero – Movimento nos Aeroportos
  9. http://www1.folha.uol.com.br/folha/cotidiano/ult95u304435.shtml Folha Online

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas