Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Guerrero.
Guerrero é un dos 31 estados, que canda a Cidade de México, forma México. A súa capital é a cidade de Chilpancingo de los Bravo.
Limita polo norte cos estados de Michoacán de Ocampo, México, Morelos e Puebla, polo leste co estado de Oaxaca e Puebla novamente, polo sur co Océano Pacífico e polo oeste co estado de Michoacán de Ocampo e tamén co Océano Pacífico.
Ten unha superficie territorial de 64.281 km², na cal viven pouco máis de tres millóns de persoas, concentrándose a maioría en Acapulco de Juárez, que supera considerablemente en poboación á cidade capital, Chilpancingo. As principais actividades económicas de Guerrero son a agricultura e o turismo, destacando o denominado triángulo do sol, formado polas cidades de Acapulco de Juárez, Ixtapa-Zihuatanejo e Taxco de Alarcón.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: