Estado Maakhir de Somalia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEstado Maakhir de Somalia
ولاية ماخر الصوما (ar) Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 10°42′19″N 48°20′04″L / 10.70515, 48.33435Coordenadas: 10°42′19″N 48°20′04″L / 10.70515, 48.33435
CapitalBadhan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación700.000 (2007) Editar o valor em Wikidata (20 hab./km²)
Lingua usadaárabe
Lingua somalí Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie35.000 km² Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1 de xullo de 2007 Editar o valor em Wikidata
Disoluciónxaneiro de 2009 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor em Wikidata
• Xefe de estadoJibrell Ali Salad (en) Traducir (2007–) Editar o valor em Wikidata
Moedaxelim somaliano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Localización de Maakhir en Somalia.

Maakhir, oficialmente Estado Maakhir de Somalia (en somalí, Maamul Goboleedka Maakhir; en árabe, ولاية ماخر الصومال ) é unha Rexión autónoma de Somalia, nunha zona disputada entre Somalilandia e Puntlandia.

Declaraou a súa independencia o 1 de xullo de 2007, pero non foi recoñecido nin polo goberno federal de transición de Somalia, nin polo goberno de Puntlandia.

O 11 de xaneiro de 2009 foi reincorporado a Puntlandia.

Historia[editar | editar a fonte]

A zona de Maakhir está principalmente habitada polo clan Warsangali, un membro da Conferedación de Clanes de Harti, conxuntamente cos Dhulbahante e os Makheerteen, e un clan da tribo Darod.

Os Warsangali foron orixinalmente uns dos principais actores da creación do estado de Puntlandia como sucesor dos Sultanatos Harti despois do colapso do goberno central de Somalia en 1991, pero, desde a proclamación da in dependencia (ou autonomía) de Puntlandia en 1998, os Warsangali temeron a súa desaparición no estado, cando o clan Makheerteen asumiu un papel hexemónico nel.

O Estado de Maakhir proclamou a súa autonomía o 1 de xullo de 2007, nunha cerimonia celebrada en Badhan, a capital, reclamando territorios tanto de Somalilandia como de Puntlandia, sendo proclamado presidente Jibrell Ali Salad.

Nesta zona, o Sanaag Oriental, existe unha gran cantidade de conflitos polo dominio da terra entre Somalilandia e Puntlandia. Ambos os estados teñen empresas petroleiras nesta parte de Sanaag, co consentimento do líder local, que tamén contribuíu ao desexo dos Warsangali locais de administraren os seus propios asuntos, así como de resolver as disputas con Mohamud Muse Hersi, o actual presidente de Puntlandia.

Ademais, Maakhir reclamou a parte oeste da rexión de Bari a Puntlandia, así como Sanaag a Somalilandia.

Nin Somalilandia nin Puntland recoñeceron o novo estado.

A pesar de que existían rumores de conversacións con Ali Mohammed Ghedi, o primeiro ministro de Somalia, o goberno de transición de Somalia deixou de comentar o status de Maakhir e apunta a Puntlandia como a autoridade oficial da rexión. fí

Xeograia humana[editar | editar a fonte]

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

Maakhir reclamou as seguintes divisións administrativas que consideraba baixo o seu control:

Cidades[editar | editar a fonte]

Las cidades máis grandes da zona reclamadas por Maakhir son Badhan, Las Khorey, Dhahar, Buraan, Hadaftimo, Hingalol, Damalla-Hagare, Eilbuh e Erigavo.

Situación política no norte de Somalia.
Situación política en Somalia
(Estados, rexións, distritos).
Decembro de 2016.
O presidente Jibrell Ali Salaad.