Estadio de Liga Deportiva Universitaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 0°06′27.71″S 78°29′20.51″W / 0.1076972°S 78.4890306°W / -0.1076972; -78.4890306

Estadio de L.D.U.
LaCasaBlanca.jpg
Estadio Casa Blanca
Datos
Localización Quito, Ecuador
Construción
Inauguración 1997
Arquitecto Ricardo Mórtola
Custo 16 millóns $
Estadio
Superficie Céspede
Capacidade 41.596
Propietario Liga de Quito
Localía Liga de Quito (Serie A)
Eventos


O Estadio de Liga Deportiva Universitaria, popularmente chamado A Casa Blanca, é un estadio de fútbol situado no norte da cidade de Quito, en Ecuador, no cal disputa os seus encontros como local o equipo Liga Deportiva Universitaria de Quito. O estadio é propiedade do club, ten capacidade para acoller 41.596 seareiros.

O recinto foi deseñado por Ricardo Mórtola, quen xa deseñara o Estadio Monumental Isidro Romero en Guayaquil. Construído por iniciativa do empresario, ex-alcalde da cidade e daquela presidente do club, Rodrigo Paz, entre 1995 e 1997, foi inaugurado o 6 de marzo de 1997. Ata entón o LDU xogaba como local no Estadio Olímpico Atahualpa, de propiedade municipal.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]