Estadio Strahov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 50°4′49.21″N 14°23′16.30″L / 50.0803361, -14.3878611

Velký strahovský stadion
Datos
LocalizaciónStrahov
Praga, República Checa
Construción
Inauguración1926
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións310.5 x 202.5
Capacidade220.000[1] 56.000 sentados[2]
PropietarioConcello de Praga
LocalíaAC Sparta Praha (adestramentos)
O Estadio Strahov dende o noroeste.
Interior do estadio dende a esquina nordeste (2006).

O Gran Estadio de Strahov (en checo: Velký strahovský stadion) é un estadio situado no distrito Strahov de Praga (República Checa). O estadio xa non se emprega para acontecementos deportivos: é o campo de adestramento do Sparta de Praga e tamén é utilizado para concertos. Está situado no cume Petřín, sobre a cidade vella. Pódese chegar ata el tomando o funicular Petřín, que sobe ata a cima do outeiro.

Construción[editar | editar a fonte]

Cando foi construído, o estadio era o máis grande do mundo. Ten capacidade para 220.000 persoas, o que o converte no segundo recinto deportivo do mundo con máis capacidade, só superado polo Circuíto de Indianapolis.

A construción comezou cun estadio de madeira en 1926, que foi substituído por bancadas de formigón en 1932. A construción adicional ocorreu en 1948 e 1975. O campo de xogo, rodeado de bancadas por tódolos seus lados, é de 63.500 metros cadrados. Actualmente é empregado polo Sparta de Praga como campo de adestramento con 8 campos de fútbol (6 de tamaño estándar e 2 de fútbol sala).

Historia[editar | editar a fonte]

O estadio orixinal data da Primeira República Checoslovaca. O seu uso foi principalmente para grandes exhibicións de ximnasia sincronizada. Foi empregado máis adiante para grandes exhibicións durante a era comunista. As actuacións de centos de ximnastas que facían exercicios complexos de xeito complétamente sincronizado entre eles mentres soaba música tradicional atraeron a atención de numerosos visitantes.

Durante a década de 1960 tamén se celebraron carreiras de coches no estadio.

Na actualidade (a excepción dos adestramentos do Sparta de Praga) o estadio é só empregado para organizar grandes concertos. Entre as bandas que teñen tocado nel inclúense Pink Floyd, Guns N' Roses, The Rolling Stones, U2 e Genesis. O 18 de agosto de 1990, o estadio Strahov acolleu un concerto de The Rolling Stones que convocou a máis de 150.000 asistentes, entre os que se contou o presidente Václav Havel.

O futuro do estadio[editar | editar a fonte]

Na década pasada, varios estudos idearon a reutilización e preservación desta estrutura. Hai plans para converter o complexo xigantesco do estadio Strahov nunha zona comercial completa con hoteis, restaurantes e tendas. Outra suxestión é converter a área nun "meca do ocio para o século XXI". Hai tamén plans para reconstruír a área como Vila Olímpica se Praga celebrase no futuro uns Xogos Olímpicos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]