Estadio Nuevo Mirador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadio Nuevo Mirador
NuevoMirador.JPG
Datos
Localización Algeciras, Cádiz Andalucía
España Flag of Spain.svg
Inauguración 1999
Superficie Céspede natural
Capacidade 7.500
Dimensións 105x68 m.
Propietario Concello de Algeciras
Localía Algeciras Club de Fútbol
Eventos
Ningún

O Estadio Nuevo Mirador é un estadio de fútbol da cidade de Algeciras (Cádiz), España, de propiedade municipal.

Nel xóganse os partidos o equipo da cidade, o Algeciras Club de Fútbol. O estadio con capacidade para 7.500 espectadores é un moderno complexo deportivo onde se atopan tamén as oficinas do club.

Historia [editar]

O estadio créase en substitución do antigo estadio, chamado Estadio El Mirador, situado na famosa "Cuesta del Rayo" algecireña.

O Nuevo Mirador inaugurouse no ano 1999 no Polígono Industrial de La Menacha. Un equipo de Primeira División inaugurou o estadio fronte ao Algeciras CF: o Real Betis Balompié, sendo vencedor o equipo sevillano por 0-1, con gol de Benjamin Zarandona cun disparo desde o centro do campo.