Estadio Nueva España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 34°39′29″S 58°27′52″O / -34.65792222, -58.46453889

Nueva España
Datos
LocalizaciónBuenos Aires, Arxentina
Construción
Inauguración12 de febreiro de 1981
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105 x 68
Capacidade32.500
PropietarioDeportivo Español
LocalíaDeportivo Español

O Estadio Nueva España é un estadio de fútbol arxentino da cidade de Buenos Aires. Inaugurouse o 12 de febreiro de 1981 e sufriu reformas en 1996. Serve de localía ao Deportivo Español e ten capacidade para 35.000 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O estadio, sito no barrio de Parque Avellaneda da cidade de Buenos Aires, atópase arrodeado das rúas Castañares, Santiago de Compostela e avenida de Asturias, nomes que lles puxeron os emigrantes españois. Para a inauguración do campo, o 12 de febreiro de 1981, xogouse un partido amigable que enfrontou ao Deportivo Español co Deportivo da Coruña, sendo o resultado favorable aos locais por 1–0 con gol de Miguel Ángel Corvo. Este primeiro estadio tiña capacidade para 18.000 espectadores e non dispoñía de luz artificial.