Estadio Municipal de Wrocław

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stadion Miejski we Wrocławiu
Stadion Wroclaw z lotu ptaka.jpg
Polonia Estadio Municipal de Wrocław
EstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svg
Datos
Localización Wrocław, Polonia
Construción
Inauguración 10 de setembro de 2011
Arquitecto JSK Architekci
Custo 729,7 millóns de złoty
Estadio
Superficie Céspede
Dimensións 105 x 68 m
Capacidade 42.771
Propietario Cidade de Wrocław
Localía Śląsk Wrocław
Eventos

O Estadio Municipal de Wrocław (en polaco: Stadion Miejski we Wrocławiu) é un estadio de fútbol situado na cidade de Wrocław, ao oeste de Polonia. É o estadio que usa como local o Śląsk Wrocław. Comezado a construír en 2009 e inaugurado dous anos despois, conta con capacidade para 42.771 espectadores. O exterior do estadio está cuberto por unha malla de fibra de vidro revestida de teflón sustentadas por aneis de aceiro. As cores da fachada poden ser alterados con sistema de alumeamento.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi inaugurado en 10 de setembro de 2011 coa loita polo título mundial de boxeo dos pesos pesados (Consello Mundial de Boxeo, WBC) entre Vitali Klitschko e Tomasz Adamek. O primeiro encontro de fútbol foi un mes despois, o 10 de outubro entre Śląsk Wrocław e o Lechia Gdańsk. O partido terminou con vitoria para os locais por 1 a 0, sendo o neerlandés Johan Voskamp o primeiro en marcar no novo estadio.

Eurocopa 2012[editar | editar a fonte]

Partidos[editar | editar a fonte]

O Estadio Municipal de Wrocław albergou durante o campionato tres encontros, todos correspondentes á fase de grupos. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
8 de xuño Primeira rolda Rusia Flag of Russia.svg
4 - 1
República Checa República Checa
40.803
12 de xuño Primeira rolda Grecia Grecia
1 - 2
República Checa República Checa
41.105
16 de xuño Primeira rolda República Checa República Checa
1 - 0
Polonia Polonia
41.480

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]