Estadi Municipal de Montilivi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estadio Municipal de Montilivi")

Coordenadas: 41°57′41″N 2°49′43″E / 41.96139°N 2.82861°E / 41.96139; 2.82861

Montilivi
Montilivi.jpg
Datos
Localización Xirona, Cataluña Flag of Spain.svg
Construción
Inauguración 14 de agosto de 1970
Estadio
Superficie Céspede
Dimensións 105 x 68 m
Capacidade 9.282
Propietario Ajuntament de Girona
Localía Girona FC

O Estadi Municipal de Montilivi é un estadio de fútbol da cidade de Xirona, en Cataluña, España. É un recinto deportivo que alberga os partidos do Girona Futbol Club, equipo que milita actualmente na Segunda División.

O estadio, inaugurado o 14 de agosto de 1970, ten capacidade para 9.282 espectadores, todos eles sentados. A marca histórica de asistencia foi de 25.000 espectadores a principios dos 70 nun partido contra o FC Barcelona.

En xuño de 2010 e tras máis de 7 meses de atraso respecto ao prazo previsto, a bancada lateral do Estadio de Montilivi, estaba finalizada. Aínda que ao non estar acabados os accesos á mesma, non se puido estrear na tempada 2009/10. Xunto ao Estadi Montilivi existe un campo auxiliar cunhas dimensións menores (90 x 45 m) tamén de céspede natural.


Vista panorámica do estadio.

Vista panorámica do estadio.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]