Estadio Municipal de Miramar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°36′49″N 5°48′00″O / 43.6137, -5.80009

Campo Municipal de Miramar
Datos
LocalizaciónLuanco, Asturias, España
Construción
Inauguración6 de setembro de 1953
ArquitectoJosé Manuel Busto
Custo175 000 Ptas. (1 050 aprox.)
+
Doazóns particulares
Estadio
SuperficieCéspede natural
Dimensións103 x 65
Capacidade1.000
PropietarioConcello de Gozón
LocalíaClub Marino de Luanco

O Estadio Municipal de Miramar, ou simplemente Miramar, é un estadio de fútbol da localidade asturiana de Luanco, no concello de Gozón (España), no que xoga como local o Club Marino de Luanco. As súas bancadas teñen capacidade para albergar a uns 1.000 espectadores.

Inaugurouse en 1952 e é propiedade do Concello de Gozón. Desde novembro de 2001, conta con luz artificial proporcionada por 4 torres con 18 focos de 2.000 vatios de potencia cada unha, dando un total duns 600 luxes, suficiente como para que se poida retransmitir en directo por televisión un partido.