Estadio Municipal El Val

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°28′59″N 3°20′50″O / 40.483, -3.34722

Estadio Municipal El Val
Datos
LocalizaciónAlcalá de Henares, Madrid, España
Construción
Inauguración14 de agosto de 1973
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións108 x 70
Capacidade7.000
PropietarioConcello de Alcalá de Henares
LocalíaRSD Alcalá
Eventos
  • Amigábel sub-21 España - Inglaterra (16-11-2004)
  • Mundial de Clubs sub-18 (2009)
  • Amigábel sub-21 España - Belarús (28-03-2011)

O Estadio Municipal El Val é un estadio de fútbol da cidade de Alcalá de Henares, na Comunidade de Madrid, España, que recibe o nome do barrio de El Val, no cal se atopa.

O estadio, que foi inaugurado no 14 de agosto de 1973, é propiedade do Concello de Alcalá de Henares e ten unha capacidade de 7.000 espectadores aproximadamente. No xoga como local a Real Sociedad Deportiva Alcalá. Posúe terreo de herba natural e é o máis grande dos campos de fútbol de España segundo o anuario da Real Federación Española de Fútbol, sendo as súas dimensións de 108 x 70 m.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]