Estadio Gran Parque Central

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Parque Central
Fachada Estadio Gran Parque Central.JPG
Flag of Uruguay.svg Parque Central
Datos
Localización Montevideo, Uruguai
Construción
Inauguración 25 de maio de 1900
Renovación 2005
Custo $ 1.000.000
Estadio
Superficie Céspede
Dimensións 105 x 68 m
Capacidade 24.000
Propietario Club Nacional
Localía Club Nacional
Eventos

O Estadio Gran Parque Central, popularmente coñecido como Parque Central, é o estadio do Club Nacional de Football. Sitúase en Montevideo, Uruguai, detrás da sede do club (rúa por medio), entre as rúas Carlos Anaya, Jaime Cibils, General Urquiza e Comandante Braga, no barrio La Blanqueada. É o estadio no que Nacional xoga os seus partidos como local.

O predio conta en total con 43.000 metros cadrados. Alí sitúase o estadio con capacidade para 24.000 espectadores sentados e instalacións completas para dúas concentracións, dous ximnasios, dúas canchas de paddle, dúas canchas de baloncesto, sala de musculación, sanidade, lavadoiro, salas de reunións, dormitorios, baños, comedor, cociña, depósitos, etc.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi sede da Copa Mundial de Fútbol de 1930 e é o estadio no que se disputou o primeiro partido na historia dos mundiais de fútbol (feito lembrado pola FIFA con placas conmemorativas na propia cancha nos anos 1987 e 2005), cando polo Grupo D Estados Unidos derrotou a Bélxica por 3 tantos a 0 o día 13 de xullo de 1930.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

O estadio está conformado por catro tribunas: Tribuna José María Delgado (Norte), Tribuna Atilio García (Sur), Tribuna Abdón Porte (Oeste), Noiro Héctor Scarone (Este), que deben os seus nomes a famosos xogadores de Nacional (como Atilio García, Abdón Porte e Héctor Scarone) e a un dirixente da institución (José María Delgado). O estadio leva varios alcumes, sendo o máis popular chamalo simplemente "O Parque", ademais coñécello tamén como "O Templo Tricolor", "A Casabranca" ou "A Quinta da Paraguaia".

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]