Estadio Alejandro Serrano Aguilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 2°54′25.92″S 79°00′19.76″W / 2.9072000°S 79.0054889°W / -2.9072000; -79.0054889

Estadio Alejandro Serrano Aguilar
Estadiocuenca.JPG
Estadio Alejandro Serrano Aguilar
Datos
Localización Cuenca, Ecuador
Construción
Inauguración 1945
Renovación 1971, 2013
Estadio
Superficie Céspede
Capacidade 22.000
Propietario Federación Deportiva do Azuay
Localía Club Deportivo Cuenca (Serie A)
Eventos

O Estadio Alejandro Serrano Aguilar é un estadio de fútbol situado na cidade de Cuenca, en Ecuador, propiedade da Federación Deportiva do Azuay, con capacidade para acoller a 22.000 persoas nas bancadas.

O estadio foi construído por iniciativa municipal, inaugurado o 3 de novembro de 1945 co nome Estadio Municipal El Ejido, e reconstruído en 1971 con motivo da fundación do Club Deportivo Cuenca. Entón foi rebautizado co nome do alcalde de Cuenca e presidente do Club Deportivo Cuenca, Alejandro Serrano Aguilar.

En 1993 acolleu 6 encontros da Copa América.

Está prevista unha nova reconstrución para o ano 2013. Nesa reconstrucción modernizarase en xeral o recinto, ampliarase a súa capacidade ata as 26.761 persoas, constuirase un tellado sobre a totalidade das bancadas, e serán retiradas as reixas coa construción dun foxo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]