Estadi Cornellà-El Prat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadi Cornellà-El Prat
Estadi de Cornellà - El Prat.jpg
Vista exterior
Datos
Localización Av. del Baix Llobregat, 100, 08940;
Cornellà de Llobregat, España
Construción
Inauguración 2 de agosto de 2009
Arquitecto Reid Fenwick Asociados
Esteve Gasulla
Joan Tusquets
Custo 65.000.000
Estadio
Superficie Céspede
Dimensións 105 x 68 m
Capacidade 40.500
Propietario Espanyol
Localía Espanyol

O Estadi Cornellà-El Prat, oficialmente e por razóns de patrocinio Power8 Stadium, é o estadio do RCD Espanyol, situado no límite entre os concellos de Cornellà de Llobregat e El Prat de Llobregat, na provincia de Barcelona. Ocupando unha superficie de 182.000 m², 36.000 m² corresponden ao estadio.

En agosto de 2009 tras a morte do capitán Daniel Jarque púxose en marcha un movemento por parte de todos os afeccionados do RCD Espanyol para porlle ao estadio o nome do xogador para honrar a súa memoria, pero aínda non houbo resposta algunha por parte do club.

Terá a catalogación de elite que concede a UEFA e unha capacidade para 40.500 espectadores coa posibilidade dunha ampliación futura. Salvo o terreo de xogo, que quedará ao descuberto, a gradería será cuberta para que os afeccionados estean a bo resgardo das inclemencias meteorolóxicas.

En 2002 o club adquiriu os terreos -unha parcela de 18,2 hectáreas- por 360.000 euros e o 1,9% do capital social do club (150.000 euros). Tras seis anos de obras, cun custo de 65 millóns de euros, o 5 de xuño de 2009 tivo lugar o simbólico acto de entrega de chaves ao RCD Espanyol.[1]

O partido inaugural disputouse o domingo 2 de agosto de 2009[2] entre o Espanyol e o Liverpool cun resultado favorable aos locais de 3-0, marcando o primeiro gol da historia deste estadio o asturiano Luis García, os outros dous tantos foron obra do israelí Ben Sahar. Daniel Jarque xogou o seu primeiro partido como capitán e tamén foi o último, xa que o futbolista falecía días despois na concentración do seu equipo en Italia.

Esteban Granero foi o xogador que marcou o primeiro gol en competición oficial no novo estadio.[3]

Características[editar | editar a fonte]

Panorámica do interior do estadio.
  • Estadio de 4 estrelas da UEFA.
  • Aforamento con capacidade para 40.500 espectadores.
  • Aparcadoiro no Estadio de 3.278 prazas.
  • Centro comercial adxunto ao estadio.
  • Estadio construído con criterios de eficiencia enerxética.
  • Placas fotovoltaicas na cuberta, produción de 1.113.000 W.
  • Estadio edificado sobre un soar de 36.000 .
  • Constará cun espazo memorial para depositar restos funerarios.
  • Construción totalmente accesible para persoas de mobilidade reducida.

Medio ambiente[editar | editar a fonte]

Estadi Cornellà-El Prat.

O Estadi Cornellà-El Prat é un dos primeiros campos de Europa na utilización de enerxía limpa. Xerando un aforro enerxético, utilizando tecnoloxía innovadora para reducir e rendibilizar os consumos de auga e electricidade.

En concreto a enerxía solar que serve para o autoabastecimiento como para a venda dos excedentes enerxéticos non consumidos. Para iso, sobre a cuberta alóxanse placas fotovoltáicas.

As placas fotovoltaicas (instaladas na cuberta do estadio) xeran electricidade para conectarse á rede eléctrica normal; e os paneis solares teñen un uso doméstico (quentar auga). O club calcula uns ingresos anuais de ao redor de 600.000 euros pola explotación das placas fotovoltaicas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]