Estación de Guadalaxara-Yebes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estación de Yebes»)

Coordenadas: 40°35′15″N 3°07′30″O / 40.5875, -3.125

Guadalajara-Yebes
Vista exterior da estación
Vista exterior da estación
SituaciónGuadalaxara/Yebes
ServizosAparcadoiro Venda de Billetes
Liñas
Alta velocidade
Longa DistanciaAlvia
Intermodalidade
Bus
Guadalaxara<>Estación AV

Guadalajara-Yebes é a estación de ferrocarril de Adif onde efectúan parada os trens de alta velocidade e grandes liñas que circulan polas L.A.V. Madrid-Barcelona e Madrid-Huesca, situada na provincia de Guadalaxara, entre os termos municipais de Guadalaxara e Yebes, xunto a Ciudad Valdeluz.

Servizos Ferroviarios[editar | editar a fonte]

A cantidade de trens que pasan pola estación sen efectuar parada é moito maior á de trens que efectúan parada nela. Desde o 20 de febreiro ningún tren AVE dos que efectúa parada aquí efectúa parada en Calatayud, a seguinte estación da liña, para ir dunha a outra estación é necesario tomar un tren Alvia.

Non existe polo momento servizo Renfe Avant para esta estación, aínda que a gran distancia ao centro da cidade non favoreceu a implantación deste tipo de servizos de Media Distancia ao ser moito máis utilizados os trens de proximidade para o percorrido Madrid-Guadalaxara.

tren << >>
AVE Madrid-Puerta de Atocha Barcelona-Sants
Figueres-Vilafant
Huesca
Alvia Madrid-Puerta de Atocha Pamplona
Logroño
Hendaia