Estación de Valença

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°01′29″N 8°38′22″O / 42.0248, -8.6394

Valença
Estación de Valença en 1970
SituaciónValença
ServizosTaxis Estacionamento Billeteiras Lavabos adaptados Lavabos Sala de espera Teléfonos públicos
Liñas
Longa DistanciaRamal Internacional de Valença, Linha do Minho

A Estación de Valença é unha parada de ferrocarril da vila de Valença, no norte de Portugal.

Características[editar | editar a fonte]

Sitúase xunto ao Largo da Estación. En 2010 tiña 3 vías de circulación, con 397, 365 e 248 metros de servizo; as plataformas teñen 154, 141 e 99 metros de extensión. A parada dá servizo aos ferrocarrís rexionais, internacionais (Tren Internacional Porto-Vigo) e interrexionais da operadora Comboios de Portugal.

Historia[editar | editar a fonte]

O enlace ferroviario á estación de Valença naceu en 1882. Até finais da década de 1980 acollía un servizo internacional mixto de RENFE, con clasificación de omnibus, entre as localidades de Guillarei, e Valença, pasando por Tui.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • MARTINS, João Paulo, BRION, Madalena, SOUSA, Miguel de, LEVY, Maurício e AMORIM, Óscar: O Caminho de Ferro Revisitado. O Caminho de Ferro em Portugal de 1856 a 1996. Caminhos de Ferro Portugueses, 1996.